Ultravox é unha banda inglesa de new wave fundada en Londres en 1973. É unha das principais expoñentes do movemento británico do pop electrónico de finais dos 70 e principios dos 80.

Ultravox foi dirixida por dous líderes diferentes que nunca tocaron xuntos na banda. Dende 1974 ata 1979 John Foxx foi o seu líder. Foxx abandonou o grupo para iniciar unha carreira en solitario e tras a súa saída, cos tres membros restantes en hiato, Midge Ure converteuse no seu vocalista principal, guitarrista e líder. Ure revitalizou a banda e levouna cara ao éxito comercial que duraría ata mediaos dos anos 80. Ure marcharía en 1987 ao iniciar tamén unha carreira en solitario e o grupo separouse durante un tempo. Unha nova formación, dirixida polo membro orixinal Billy Currie (teclados e violín), creouse en 1992, pero conseguiu moi pouco éxito.

A formación máis famosa de Ultravox é a composta por Currie, o baixista Chris Cross, o batería Warren Cann e Midge Ure, reformada en 2008 para realizar unha serie de concertos de reunión en 2009 e 2010 antes de que editasen o álbum Brilliant en maio do 2012, o seu primeiro disco xuntos dende o Lament de 1984.

Discografía Ultravox! - 1977 Ha!-Ha!-Ha! - 1977 Systems of Romance - 1978 Vienna - 1980 Rage in Eden - 1981 Quartet - 1982 Lament - 1984 U-Vox - 1986 Revelation - 1993 Ingenuity - 1994 Brilliant - 2012

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 1973