As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto. A súa sede está situada na Praza das Cortes de Castela e León, 1, Valladolid.

Historia thumb|Castillo de Fuensaldaña, sede inicial das Cortes entre 1983 e 2007.|alt=|esquerda|250px En 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León, constitúense como órgano lexislativo, sendo elixido de xeito democrático. Inicialmente a sede era o castelo de Fuensaldaña.

Posición estatutaria Asignación de escanos De acordo co artigo 19 da Ley 3/1987, de 30 de marzo, Electoral de Castilla y León o decreto de convocatoria deberá especificar o número de Procuradores que integrarán as Cortes de Castela e León, e o que corresponda elixir en cada circunscrición electoral, en aplicación do disposto no artigo 18. O censo de poboación de dereito da Comunidade Autónoma, vixente na data da convocatoria, servirá de base para determinar os Procuradores que corresponda elixir en cada circunscrición electoral. Ata a IX Lexislatura, as Cortes de Castela e León estiveron compostas por 84 procuradores, pero na X lexislatura baixaron aos 81 actuais. Estes son elixidos polas nove circunscricións electorais castelás e leonesas que, á súa vez, corresponde coas nove provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe a un número diferente de deputados. A cada provincia asígnaselle un número inicial de tres Procuradores e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500. Nos últimos comicios celebrados (13 de febreiro de 2022) a distribución de escanos produciuse da seguinte forma: Provincia de Ávila: 7 procuradores Provincia de Burgos:11 procuradores Provincia de León: 13 procuradores Provincia de Palencia: 7 procuradores Provincia de Salamanca: 10 procuradores Provincia de Segovia: 6 procuradores Provincia de Soria: 5 procuradores Provincia de Valladolid: 15 procuradores Provincia de Zamora: 7 procuradores

Composicións históricas

Funcións da Cámara Segundo os artigos 23 e 24 (Capítulo Primeiro do Título Segundo) do Estatuto de Autonomía de Castela e León, as funcións das Cortes de Castela e León son as seguintes: Elixir entre os seus membros ao Presidente, á Mesa e á Deputación Permanente. Corresponderá ao Presidente o exercicio en nome das Cortes de todos os poderes administrativos e facultades de policía no interior da súa sede. Establecer o seu propio Regulamento, cuxa aprobación e reforma requirirán a maioría absoluta nunha votación final sobre a súa totalidade. Así mesmo, aproban o Estatuto do Persoal das Cortes de Castela e León e establecen autonomamente os seus presupostos. Exercer a potestade lexislativa da Comunidade nos termos establecidos pola Constitución, polo presente Estatuto e polas leis do Estado que lles atribúan tal potestade. Controlar e impulsar a acción política e de goberno da Xunta e do seu Presidente. Aprobar os Presupostos da Comunidade e os das propias Cortes, así como a rendición anual de contas de ambos. Elixir de entre os seus membros ao Presidente da Xunta de Castela e León. Designar aos Senadores que representarán á Comunidade, segundo o previsto no artigo 69.5 da Constitución. Os Senadores serán designados en proporción ao número de membros dos grupos políticos representados nas Cortes de Castela e León. Solicitar do Goberno a adopción dun proxecto de lei, o remitir á Mesa do Congreso dos Deputados unha proposición de lei nos termos que establece o artigo 87, apartado 2, da Constitución. Interpoñer recursos de inconstitucionalidade, de acordo co que establece o artigo 162, apartado 1.a), da Constitución, e a Lei Orgánica do Tribunal Constitucional. Exercitar a iniciativa de reforma da Constitución, nos termos previstos na mesma. Facilitar ao Goberno as previsións de índole política, social e económica a que se refire o artigo 131, apartado 2, da Constitución. Establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución, o presente Estatuto e as correspondentes leis do Estado. Aprobar transferencias de competencias da Comunidade aos municipios, provincias e outras entidades locais da mesma, salvo o que determina o presente Estatuto ou dispoña unha previa lei da propia Comunidade. Ratificar os convenios que a Xunta conclúa con outras comunidades autónomas para a xestión e prestación de servizos propios das mesmas. Ditos convenios serán comunicados de inmediato ás Cortes Xerais. Ratificar os acordos de cooperación que sobre materias distintas ás mencionadas no número anterior conclúa a Xunta con outras comunidades autónomas previa autorización das Cortes Xerais. Validar os Decretos Leis aprobados pola Xunta, de acordo co disposto no artigo 25.4 do presente Estatuto. Exercer cantos outros poderes, competencias e atribucións lles asignen a Constitución, o presente Estatuto e as leis.

Composición das Cortes na XI lexislatura Resultado electoral

Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022, celebradas o domingo 13 de febreiro, o Partido Popular de Castela e León gañou as eleccións, quedando o Partido Socialista de Castela e León en segundo lugar, Vox en terceiro lugar, Unión del Pueblo Leonés en cuarto lugar, Soria ¡Ya! en quinto lugar, Unidas Podemos en sexto lugar, Ciudadanos en sétimo lugar e Por Ávila en oitavo lugar. Os datos máis destacables da xornada electoral foron a diminución de escanos do Partido Socialista de Castela e León e de Ciudadanos, pasando de 35 procuradores a 28 e de 12 procuradores a 1, respectivamente, o aumento de 12 escanos de Vox pasando a ter 13 procuradores e a irrupción de Soria ¡Ya! con 3 escanos. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:

150x150pxEleccións ás Cortes de Castela e León de 2022Partido Candidato Votos Deputados25pxPartido Popular de Castela e León Alfonso Fernández Mañueco 382.157 31,05% 31 225pxPartido Socialista de Castela e León Luis Tudanca 365.434 29,70% 28 725pxVox Juan García-Gallardo 214.668 17,44% 13 1225pxUnión del Pueblo Leonés Luis Mariano Santos 52.098 4,23% 3 225pxSoria ¡Ya! Ángel Ceña 19.385 1,57% 3 Novo25pxUnidas Podemos Pablo Fernández 62.138 5,05% 1 120pxCiudadanos-Partido de la Ciudadanía Francisco Igea 54.721 4,45% 1 1125pxPor Ávila Pedro Pascual 13.875 1,13% 1 Fonte: Xunta Electoral de Castela e León

Órganos das Cortes O Estatuto de Autonomía e o Regulamento das Cortes de Castela e León prevén a existencia dunha serie de órganos dentro do Parlamento para asegurar o seu funcionamento. Órganos funcionais Son os órganos que están facultados para expresar a vontade política das Cortes: o Pleno, as Comisións e a Deputación Permanente. O Pleno O Pleno é o órgano máis importante das Cortes de Castela e León, pois reúne á totalidade dos Procuradores que compoñen a Cámara. Nesta XI lexislatura está integrado por 81 Procuradores, que son elixidos por sufraxio universal en cada unha das nove circunscricións provinciais coas que conta a Comunidade Autónoma.

Para a determinación do número de Procuradores, séguese a norma do artigo 21.2 do Estatuto de Autonomía, segundo a cal se asigna a cada provincia un número mínimo de tres Procuradores, e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500 habitantes.

No Pleno, os procuradores agrúpanse nos seguintes grupos parlamentarios: +160pxGrupos parlamentarios (XI lexislatura)Grupo parlamentarioIntegrantesVoceiroLíderDeputadosPopularalt=|22x22px Partido Popular de Castela e LeónRaúl de la HozAlfonso F. Mañueco31Socialistaalt=|20x20px Partido Socialista de Castela e LeónLuis Tudanca28VOX Castela e León22x22px VoxCarlos MenéndezJuan García-Gallardo13UPL-SORIA ¡YA!20px Unión del Pueblo Leonés: 3alt=|20px Soria ¡Ya!: 3Luis Mariano SantosLuis Mariano SantosÁngel Ceña6Mixto 20px Unidas Podemos: 120px Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía: 120px Por Ávila: 1Francisco IgeaPablo FernándezFrancisco IgeaPedro Pascual3Fonte: Cortes de Castela e León

As Comisións As Comisións son órganos constituídos no seo das Cortes de Castela e León por un número reducido de procuradores, seleccionados por razón da súa competencia, que se especializan nunha determinada materia ou ás que se encomenda un asunto concreto. As comisións poden ser: Permanentes: son estabelecidas pola Mesa, previo acordo da Xunta de Voceiros, ao comezo de cada lexislatura. Non permanentes: créanse para un traballo concreto e extínguense á finalización do mandato encomendado e, en todo caso, ao concluír a lexislatura. A esta clase pertencen as Comisións de Investigación. 40px|center Comisións das Cortes de Castela e León Comisión PresidenciaGrupoComisións permanentes lexislativasAgricultura, Gandaría e Desenvolvemento RuralAna Rosa Hernando RuizVoxCultura, Turismo e DeporteJosé Antonio Palomo MartínVoxEconomía e FacendaMaría Paloma Vallejo QuevedoPPCyLEducaciónPedro Antonio Heras JiménezPPCyLFamilia e Igualdade de OportunidadesMaría Inmaculada Ranedo GómezPPCyLIndustria, Comercio e EmpregoFrancisco Javier Carrera NoriegaVoxMedio Ambiente, Vivenda e Ordenación do TerritorioVacantePPCyLMobilidade e Transformación DixitalEmilio José Berzosa PeñaPPCyLPresidenciaRamiro Felipe Ruiz MedranoPPCyLSanidadeMaría Ángeles García HerreroPPCyLEstatutoNoemí Rojo SahagúnPPCyLComisións permanentes non lexislativasProcuradoresNoemí Rojo SahagúnPPCyLRelacións co procurador do ComúnJavier Bernardo Teira LafuenteVoxRegulamentoCarlos Pollán FernándezVox

A Deputación Permanente A Deputación Permanente é un órgano permanente das Cortes cuxa función é velar polos poderes das Cortes de Castela e León cando estas non se encontran reunidas, ben pola finalización da lexislatura (por expiración natural do seu mandato ou por disolución anticipada), ou ben por atoparse en período de vacacións parlamentarias.

En canto á súa composición, este órgano está formado polo presidente das Cortes, que a presidirá, polos demais membros da Mesa (que, co presidente, constituirán a Mesa da Deputación Permanente) e polos Procuradores que designen os Grupos Parlamentarios.

A súa función xenérica é a de «velar polos poderes da Cámara». En concreto, podemos distinguir dous supostos: Nos períodos de vacacións parlamentarias, a única competencia que o Regulamento confía á Deputación Permanente é a de acordar por maioría absoluta a convocatoria das Cortes. Nos supostos de disolución anticipada das Cortes ou finalización do mandato parlamentario, correspóndelle exercer o control da lexislación delegada, autorizar créditos extraordinarios e suplementos de crédito e poderá acordar a interposición de recursos de inconstitucionalidade ou a formulación pola Xunta de Castela e León de conflitos de competencia ante o Tribunal Constitucional (en supostos de urxencia, sempre que se pronuncien en tal sentido a maioría absoluta dos seus membros). +40pxDeputación Permanente das Cortes de Castela e León (XI lexislatura)Mesa das CortesCargoTitularListaPresidenteCarlos Pollán Fernández20px VoxVicepresidente primeiroFrancisco Javier Vázquez Requero20px PPCyLVicepresidenta segundaAna Sánchez Hernández20px PSCyLSecretario PrimeiroDiego Moreno Castrillo20px PSCyLSecretaria SegundaRosa María Esteban Ayuso20px PPCyLSecretaria TerceiraMaría de Fátima Pinacho Fernández20px VoxTitularesGrupo parlamentarioTitularListaGP Popular7 membros(5 + 2 en Mesa) Raúl de la Hoz Quintano20px PPCyLMiguel Ángel García NietoMaría de las Mercedes Cófreces MartínÁngel Mariano Ibáñez HernandoÓscar Reguera AcevedoGP Socialista6 membros(4 + 2 en Mesa) Luis Tudanca Fernández20px PSCyLElisa Patricia Gómez UrbánÁngel Hernández MartínezNuria Rubio García GP VOX Castilla y León3 membros(1 + 2 en Mesa) Carlos Menéndez Blanco 20px Vox GP UPL-SORIA ¡YA!1 membro Luis Mariano Santos Reyero23x23px UPL GP Mixto1 membroFrancisco Igea Arisqueta23x23px CiudadanosFonte: Cortes de Castela e León