As Sociedades de Clasificación son organizacións xurdidas no sector naval e adicadas á seguridade marítima, humana e do ambiente e non vencelladas a ningún goberno estatalRecopilación de diez sociedades de clasificación. Ingeniería Naval.

Historia As sociedades de clasificación xurdiron na segunda metade do século XVIII pola necesidade de garantir a seguridade no sector naval. Ofrecer información dos buques, armadores, aseguradores e a administración. Nun principio eran só listas nas que se informaba do estado xeral do buque por medio dunhas valoracións. Canto mellor era o buque recibía unha máis alta puntuación e polo tanto era premiado con custos do seguro máis baixos. Co tempo estas valoracións limítanse aos dous únicos niveis actuais: A1 ou non válido. As sociedades de clasificación ofrecen servizos de asesoramento e información no sector naval. Nos últimos anos ampliaron o seu sector de traballo dando tamén servizos a todo tipo de industrias.

Os buques a artefactos flotantes deben ser deseñados, construídos, operados e reparados segundo as normativas da sociedade de clasificación na que estean rexistrados.

Principais sociedades de clasificación A nivel mundial son só tres as sociedades de clasificación máis importantes: Lloyd's Register que é a máis antiga, American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas aínda que existen outras que prestan servizos. Nome Siglas Data Sede Membro de IACS Lloyd's Register LR 1760 Londres LR plans to move its head office to Southampton in 2011 Bureau Veritas BV 1828 París Registro Italiano Navale RINA 1861 Xénova American Bureau of Shipping ABS 1862 Houston Det Norske Veritas DNV 1864 Oslo Germanischer Lloyd GL 1867 Hamburgo Nippon Kaiji Kyokai (Tamén chamada ClassNK) NK 1899 Tokyo Russian Maritime Register of Shipping(Российский морской регистр судоходства) RS 1913 San Petersburgo Overseas Marine Certification Services OMCS 2004 Panamá China Corporation Register of Shipping CR 1951 Taipei China Classification Society CCS 1956 Pequín Indian Register of Shipping IRS 1975 Bombai Brazilian Register of Shipping(Registro Brasileiro de Navios) RBNA 1982 Río de Xaneiro IACS, International Association of Classification Societies.

Notas

Categoría:Empresas Categoría:Barcos