Moje 3 (Serbio cirílico: Moje 3; galego: Miñas 3) foi unha girl band serbia formado por Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović. Son coñecidas por representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö coa canción "Ljubav je svuda".Moje 3 representará a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 O grupo cantou na primeira semifinal e non logrou clasificarse para a final da competición quedando no posto 11.
Historia da banda 2012-13: Prvi glas Srbije Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović atopábanse nos escenarios da segunda temporada de Prvi glas Srbije (Galego: A Voz de Serbia), un espectáculo de talentos musicais serbios similar a La voz de España, e as tres foron collidas pola xuíz Aleksandra Radović para o seu grupo. As tres chegaron á gran final, que foi celebrada o 20 de xaneiro de 2013, gañando Mirna Radulović e quedando segunda e terceira, Nevena Božović e Sara Jovanović respectivamente.
2013: Festival da Canción de Eurovisión 2013 e disolución do grupo En febreiro de 2013, anunciábase que as tres participarían en Beosong 2013, a elección nacional serbia para o Festival da Canción de Eurovisión 2013, baixo o nome de Moje 3. A súa canción, "Ljubav je svuda" (Galego: O amor está en todas partes), era composto e producido por Saša Milošević Mare, con letra de Marina Tucaković. Saša Milošević Mare era un dos tres xuíces en Prvi glas Srbije. O 2 de marzo de 2013, Moje 3 competía na semifinal da selección nacional, satisfactoriamente asegurando un de cinco sitios para a final da competición. O 3 de marzo de 2013, Moje 3 gañaba o Beosong 2013 e o dereito de representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.
Antes do Festival da Canción de Eurovisión, Moje 3 publicou versións promocionais da súa canción con músicas diferentes e en inglés. Serbia foi asignada a actuar na primeira semifinal da competición de 2013 o 14 de maio de 2013, pechando o espectáculo tras actuar no posto 16.Revelados os postos de actuación da primeira semifinal A canción non logrou clasificarse para a final, terminando na posición 11 con 46 puntos.Xa temos aos primeiros 10 finalistasResultados da primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2013 Moje 3 posteriormente gañaba o Premio Barbara Dex, un premio humorístico dado ao artista peor vestido cada ano no festival.Serbia gaña o premio Barbara Dex 2013
Antes da súa colaboración, elas xa explicaban que non estaban a formar unha banda se non que soamente actuarían como trío para o Beosong. En maio de 2013, Moje 3 anunciaba a súa disolución, que as tres continuarían traballando na súa carreira solitaria.Sepárase a girlband serbia Moje 3
Outros traballos O 31 de xaneiro de 2013, participaban nun concerto de caridade para recoller fondos para o Orfanato Drinka Pavlovi en Belgrado.Finalistkinje PGS kuvale za decu bez roditelja.
Discografía Sinxelos Ljubav je svuda Ljubav je svuda (Pop Rock) Love is all around (Versión de Ljubav je svuda en inglés) Love is all around (Pop Rock) Love is all around (Balada)
Premios 2013 - Premio Barbara Dex
Notas
Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Representantes de Serbia en Eurovisión