Tenemos que hablar foi un programa de televisión presentado por Ana García Lozano. Emitiuse desde o 4 de marzo ata o 14 de xuño de 2013La 1 cancela 'TQH' desde este viernes (en castelán) de luns a venres de 18:30 a 19:30 en La 1 de Televisión Española.

Historia Tenemos que hablar estreouse o luns 4 de marzo de 2013 ás 18:30. O programa substituíu os primeiros sesenta minutos do programa +Gente, que acurtou a súa duración unha hora debido aos seus baixos datos de audiencia. Desde o 27 ata o 31 de maio do mesmo ano, Tenemos que hablar pasou a emitirse desde as 19:20 ata as 20:20 horas debido aos seus discretos datos de audiencia. Aínda así, á semana seguinte recuperou o seu horario anterior ao empeorar os seus rexistros de audiencia. Finalmente, malia os esforzos da cadea pública por revitalizar a tarde de La 1, o talk show de Ana García Lozano despediuse o 14 de xuño de 2013 tras non enganchar á audiencia.

Formato O programa é un talk show que aborda cuestións e temas de actualidade contados en primeira persoa polos participantes. Conta cunha serie de colaboradores para tratar algúns dos temas, dos cales están presentes dous cada día, un cun perfil máis técnico e outro máis psicolóxico: Ángela Borja, coach. Marc Vidal, emprendedor. Laura García Agustín, psicóloga. Javier Urra, temas de infancia e xuventude. Ramón Sánchez-Ocaña, temas de saúde. Rosetta Forner.

Ao comezo de cada programa, tras unha presentación en imaxes, analízase con eles o tema en profundidade. Ademais, durante o espazo, opinan e orientan aos invitados que o requiran. Trátase dun programa de participación aberta, no que se require a participación tanto do público do estudo como os espectadores para elixir a noticia do día como para saber a súa opinión. Así, no programa tamén ten o seu oco a experiencia dos usuarios, que poden contar a súa propia historia, propoñer temas e suxerir invitados afectados polos asuntos que se traten.

Audiencias Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1 72 4 de marzo de 2013 14 de xuño de 2013 492.000 5,1%

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de variedades de España Categoría:Programas de televisión de entrevistas de España