Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Os Chous, As Hedradas, Hedroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalanteÁreas galegofalantes fóra de Galicia Secretaría Xeral de Política Lingüística. é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Poboación Lubián posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 4,14% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
Monumentos Entre os seus edificios destacan as escaleiras exteriores e os típicos balcóns da arquitectura xabresa. Entre os seus monumentos destacan dende construcións relixiosas como a Igrexa de San Mamede de estilo barroco tardío ou o Santuario da Virxe da Tuíza, que conserva no seu interior a Virxe das Neves (patroa da Alta Seabra), ata un castro celta como o das Muradellas (século III a.C.), pasando por trampas para a caza de lobos como O Cortello dos Lobos.
O camiño Esta vila é o última do Camiño Mozárabe-xabrés ao seu paso por Castela e León. Nesta poboación o peregrino atopa a primeira das máis dun cento de "pedras", todas diferentes, realizadas polo escultor ourensán Carballo e dispostas ao longo do trazado pola provincia de Ourense.
Festas Virxe da Tuíza: 5 de agosto. Festa local: 8 e 9 de setembro. Romaxe da Tuíza: Último fin de semana de setembro. Tamén hai máis festas que organiza o concello.
Concello A alcaldía leva varias lexislaturas en mans do Partido Socialista de Castela e León, sendo clave para iso a figura de Felipe Lubián, alcalde do concello desde 1979 ata a actualidadeConcello de Lubian ..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Encoro de Vega de Tera Serra Segundeira Pena Trevinca
Ligazóns externas Vídeo promocional do Concello de Lubián.- Youtube (2023).
Categoría:Lubián