Antonio Riberi, nado o 15 de xuño de 1897 en Monte Carlo (Mónaco) e finado o 16 de decembro de 1967 en Roma, foi un bispo católico e cardeal que serviu como nuncio na China, España e Irlanda.
Traxectoria Primeiros anos Riberi estudou no seminario de Cuneo, Italia, e na Universidade Pontificia Gregoriana e na Academia Pontificia Eclesiástica de Roma, onde recibiu a ordenación como sacerdote o 29 de xuño de 1922. Prolongou os seus estudos até 1925 no Instituto de Ciencias Sociais de Bérgamo. Entre 1925 e 1930, Riberi traballou como adxunto e secretario na nunciatura boliviana.
O 13 de agosto de 1934 foi nomeado Arcebispo Titular de Dara, e recibiu a consagración episcopal o 28 de outubro de mans do cardeal Pietro Fumasoni Biondi, cos arcebispos Giuseppe Pizzardo e Carlo Salotti como co-consagradores. Riberi foi máis tarde nomeado Delegado Apostólico para as misións africanas dependentes da Sagrada Congregación para a Propagación da Fe o 4 de novembro do mesmo ano, residindo en Mombasa, Kenya. Entre 1939 e 1946 dirixiu o servizo da Santa Sé para a asistencia dos prisioneiros de guerra e soldados feridos da segunda guerra mundial.
Nuncio Foi nomeado nuncio para a China o 6 de xullo de 1946. Unha das súas primeiras medidas foi promover a presenza da Lexión de María na China, xa que na súa etapa en África coñecera a Edel Quinn e comprobara o éxito da súa actividade evanxelizadora.
Sobre as peticións do Partido Comunista da China dunha igrexa católica independente nese país, declarou en 1951 que:
En setembro dese ano foi expulsado da China polo réxime comunista acusado de "actividades de espionaxe". Foi nomeado nuncio para Irlanda o 19 de febreiro de 1959, e para España o 28 de abril de 1962. Entre 1962 e 1965, participou no Concilio Vaticano Segundo.
Cardealato e morte Foi creado Cardeal-Presbítero de S. Girolamo della Carità polo papa Paulo VI no consistorio do 26 de xuño de 1967, mais finou poucos meses despois en Roma, con 70 anos de idade. Está enterrado no panteón familiar en Limone Piemonte. Sucesión apostólica
Antonio Riberi (1934) Pietro Fumasoni (1916) Domenico Serafini (1900) Serafino Vannutelli (1869) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541) Notas e referencias
Categoría:Cardeais creados por Paulo VI Categoría:Diplomáticos da Santa Sé Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Mónaco Categoría:Finados en 1967 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana