El Turó de la Peira é un dos trece barrios que forman o distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona.
O piñeiral frondoso, coroado por un miradoiro e unha gran cruz, que pertencía á leira de Can Peguera converteuse en parque público en 1936 pero a principios da década de 1960, as dimensións do parque víronse reducidas pola construción de vivendas a causa dun plan parcial. Segundo a división oficial de barrios feita en 2006, el Turó de la Peira está delimitado polo paseo de Fabra i Puig, a rúa de Camós, a de Cornudella, a de Biure, a de Vila-seca, a de Pedret, o paseo de Urrutia, a ría do Doctor Pi i Molist e a praza de Vicerrei Amat. O nome venlle do monte homónimo, situado na parte noroeste do barrio.
A principios da década de 1990 detectouse que moitas vivendas do barrio padecían aluminose, unha patoloxía do formigón que degrada a súa resistencia e pon en perigo a estrutura dos edificios. Como consecuencia unhas 3.000 vivendas foron substituídas ou rehabilitadas.Temor en el Turó de la Peira: Treinta y una familias tienen que abandonar su piso en Fabra i Puig por la aluminosis (en castelán)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas El Turó de la Peira, na web do Concello de Barcelona
Categoría:Nou Barris Categoría:Barrios de Barcelona