Teixeu de Ancares (Tejedo de Ancares en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 25 habitantes; do mesmo xeito ca os demais lugares do val do Ancares sufriu despoboamento pola emigración a áreas máis prosperas. A lingua que falan os habitantes de Teixeo de Ancares é un dialecto do galego chamado ancarésRicardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120.
Patrimonio A arquitectura é coma a das demais vilas dos Ancares: carázterizase pola cachotaría e a lousa. Teixeo de Ancares posúe unha ponte medieval á entrada, xunto o cal se levanta un vello muíño hidráulico tradicional recentemente restaurado.Tamén posúe un antigo forno tamén restaurado e unha igrexa de estilo tradicional ancarés.
Nos arredores atópase unha fervenza rodeada de castiñeiros centenarios que é a principal atracción. Tamén se acha nos arredores os restos dunha antiga ferraría que foi nos seus tempos tan famosa como a ferraría de Compludo ao sur do Bierzo. Preto da ferraría atópase a Ermida de Santa Madalena, a patroa.
Festas A principal festa é a romaría á ermida de Santa Madalena que se celebra o último domingo de xullo. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Candín Serra dos Ancares O Bierzo
Categoría:Parroquias de Candín