Espiñeireda de Ancares (Espinareda de Ancares en castelán e oficialmente) é un lugar pertencente ao concello leonés de Candín, situado na bisbarra do Bierzo. Segundo datos do INE en 2012 tiña 16 habitantes. O lugar sufriu un proceso severo de despoboación ao igual ca os demais lugares e aldeas dos Ancares. A lingua que falan os habitantes de Espiñeireda de Ancares é un dialecto do galego chamado ancarésRicardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120.
Patrimonio Espiñeireda de Ancares contaba a finais dos oitenta con varias pallozas en bo estado de conservación e hórreos. Hoxe en día moitas das pallozas substituíron os seus teitos por tellados de lousa para facer máis cómodo a súa habitabilidade, mentres que outras están nun estilo ruinoso. Na actualidade, moitas das casas de estilo tradicional foron reformadas e reconstruídas polos seus habitantes, converténdose en casas máis modernas e confortables, pero perdendo o encanto das vivendas de antano; a pesar disto aínda quedan algunhas casas de estilo tradicional ancarés. A Igrexa de Espiñeireda de Ancares encóntrase en bo estado de conservación. Tiña unhas campás antigas con inscricións, pero foron cambiadas. . Na praza consérvase unha fonte de estilo tradicional.
A contorna de Espiñeireda de Ancares é o seu principal atractivo, pois está rodeado por montañas e dunha gran riqueza estamental.
Festas A principal festa de Espiñeireda de Ancares é a da Virxe dos Dores, o primeiro domingo de xuño.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Candín Serra dos Ancares O Bierzo Ligazóns externas Blog sobre Espiñeireda de Ancares
Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Parroquias de Candín