Pereda de Ancares é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra dos Ancares. Segundo o INE en 2012 tiña 47 habitantes. Nos últimos anos, Pereda de Ancares converteuse no punto de partida para moitos excursionistas e turistas que veñen a coñecer Os Ancares debido ás rutas de sendeirismo que cruzan a zona, pero o renacemento da súa economía débese principalmente ao cámping e ás casas rurais que hai na aldea; o que lle achegou certa revitalización tras anos de illamento e abandono. O sector primario segue sendo unha parte importante da economía da parroquia.

Patrimonio A aldea está situado nas lombas das montañas, e a arquitectura local componse de casas brancas con tellados de lousa. A igrexa de Pereda de Ancares é un exemplo da arquitectura relixiosa co seu soportal á entrada da igrexa e o seu campanario, feita en cachotaría. A aldea posúe unha das pallozas mellor conservadas de todos os Ancares leoneses. Está proxectado a súa restauración sufragada polo concello e o Instituto leonés de cultura.

A aldea está situada nunha paraxe montañosa e bosques de nogueiras, o que constitúe o principal atractivo para os sendeiristas e excursionistas.

Festas A principal festividade de Pereda de Ancares é o día de San Xurxo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos O Bierzo

Categoría:Parroquias de Candín