Os lótidos (Lotidae) son unha familia de peixes osteíctios da orde dos gadiformes,Nelson, Joseph S. (2006) que comprende especies case exclusivamente mariñas (só é dulciacuícola a especie Lota lota, que habita en ríos circumpolares do norte).

Características De corpo alongado, teñen entre unha e tres aletas dorsais, pero só unha aleta anal, e sempre presentan barbelas no mento, de onde procede o nome común de moitas das súas especies (barbadas).

Taxonomía A taxonomía da familia é discutida, xa que algúns autores negan a súa existencia, incluíndo o grupo, como sunbfamilia lotinos (Lotinae) dentro da familia dos gádidos (Gadidae),Gadidae en SIIT na que só inclúen tres xéneros:Lotinae en SIIT

Brosme (Oken, 1817) Lota (Oken, 1817) – Lotas Molva (Lesueur, 1819) – Marucas e peixe pau

Mentres que, para outros, é unha familia independente, na que se consideran un total de 23 especies válidas, agrupadas en 6 xéneros: Ciliata (Couch, 1832) – Mariolas Enchelyopus (Bloch e Schneider, 1801) Gaidropsarus (Rafinesque, 1810) – Barbadas

ademais dos anteriormente citados.Lotidae en FishBase

O SIIT inclúe a todos os xéneros na familia dos Gadidae: Na subfamilia dos Lotinae aos xéneros: Brosme Lota Molva, e Na subfamilia dos Phycinae a: Ciliata Enchelyopus e Gaidropsarus.Phycinae en SIIT

En Galicia Nas augas costeiras galegas están citadas as seguintes especies:Solórzano et al. (1988, pp. 28-29.)Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 184-195.

Xénero Ciliata Ciliata mustela, a mariola Xénero Gaidropsarus Gaidropsarus guttatus, a barbada pinta Gaidropsarus mediterraneus, a barbada da pedra Gaidropsarus vulgaris, a barbada común Xénero Molva Molva diptgerigya, o peixe pau Molva molva, a maruca

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos Gádidos

Ligazóns externas Lotidae en Animal Diversity Web. Lotidae en Fauna Europaea. Lotidae en NCBI.

Categoría:Gadiformes