Karmen Stavec, nada en Berlín o 21 de decembro de 1973, é unha cantante eslovena de orixe alemá.

Traxectoria Karmen naceu en Berlín Oeste, cando este aínda pertencía á República Federal Alemá, de pais eslovenos. Despois de graduarse, ela emigra a Domžale (Eslovenia), onde entra a formar parte do dúo 4 Fun. Comezou a estudar Filoloxía Alemá na facultade de Filosofía da Universidade de Liubliana. En 1998 empeza a súa carreira en solitario.

Participou catro veces no EMA, festival musical para a selección da canción eslovena para o Festival da Canción de Eurovisión. En 1998 a dúo con Patrik Greblo, cantou "Kje Pesem Je Domaen", quedaron na 7ª posición. En 2001, probou en solitario e cantou "Ostani Tu" (Queda aquí), foi 3ª. Un ano despois, en 2002, canta "Se in Se" (Máis e Máis) e consegue unha polémica 2ª posición, por detrás do trío travesti Sestre, o cal obtivera menos puntos no televoto.http://news.bbc.co.uk/2/hi/not_in_website/syndication/monitoring/media_reports/1855726.stm Tal polémica xerouse no país, que se daba por feito que en 2003, gañaría, levase o que levara, e así foi, presentou "Lep Poletni Dan" (Outra noite de verán) e gañou.

Participou no Festival da Canción de Eurovisión 2003 coa versión inglesa de Lep Poletni Dan co título Nanana, e malia que durante os ensaios foi subindo gradualmente nas apostas e a cantar en última posición, non cumpriu as expectativas e tívose que conformar con 7 puntos e unha 23ª posición.

No 2008, Karmen anuncia a súa volta aos escenarios do EMA, e presentase ao EMA 2009 para representar a Eslovenia no Festival de Eurovisión 2010 coa canción A si zelis. Quedou de terceira na semifinal e décima na final do EMA quedando fóra de Eurovisión.http://www.youtube.com/watch?v=HpxIBhr8mUU

Discografía Álbums Ostani Tu (2001) Karmen (2003)

Notas

Categoría:Representantes de Eslovenia en Eurovisión Categoría:Participantes en Eurovisión 2003 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1973