O complemento de réxime, tamén chamado complemento de réxime preposicional ou mesmo, na terminoloxía de Emilio Alarcos Llorach, o suplemento, é un sintagma preposicional seleccionado pola semántica dun verbo específico, e non é complemento circunstancial, directo, indirecto, axente nin atributo. A preposición que o introduce pode ser calquera, ata a. Recoñécese porque é conmutable ou substituíble por dita preposición máis pronome tónico:
Conto con Luís = Conto con el. Acórdome de Pedro = Acórdome del. O can coida da casa = O can coida dela. Pregunto por Luísa = Pregunto por ela. Falan da natureza = Falan dela (ou diso)
Existen dous tipos de complemento de réxime, o directo e o indirecto. Cando se dá o directo, non aparece complemento directo (casos anteriores); cando se dá o complemento de réxime indirecto, si aparece complemento directo; é máis, non pode suprimirse o complemento directo porque entón a frase queda "coxa":
O camareiro limpa de cabichas (CRI) o chan (CD) O camareiro limpa de cabichas... (non ten sentido)
O morfema se pode actuar como intransitivizador de verbos; cando iso ocorre, o verbo, no canto de ter complementos directos, pasa a ter complementos de réxime:
Pedro encontra patacas (CD) Pedro encóntrase entre os mellores (CR).
Categoría:Morfosintaxe