O Gorilla beringei beringei é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. A súa área de distribución está dividida en dúas poboacións separadas. Unha delas localízase nas Montañas Virunga de África Central, que abranguen tres parques nacionais: o Parque Nacional do gorila de Mgahinga de Uganda; o Parque Nacional dos Volcáns en Ruanda e o Parque Nacional de Virunga na República Democrática do Congo. A outra atópase no Parque Nacional Impenetrábel de Bwindi. Algúns científicos cren que a poboación de Bwindi constitúese como unha subespecie separada dentro do Gorilla beringei. Esta poboación representa aproximadamente a metade da poboación de Gorilla beringei beringei. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Groves, C. (2001). Primate Taxonomy ISBN 1-56098-872-X Adams, D., Carwardine, M., Last Chance to See, ISBN 0-330-32002-5 Pan Books, Londres, 1991 Harcourt, A.H. (1979). Social relationships among adult female mountain gorillas. In Animal Behaviour, vol. 27.
Ligazóns externas African Wildlife Foundation: Gorilla beringei beringei
Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1914 Categoría:Mamíferos da República Democrática do Congo Categoría:Mamíferos de Ruanda Categoría:Mamíferos de Uganda