A abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda é un antigo señorío eclesiástico e xurisdición de España, e un mosteiro beneditino situado na Veiga de Espiñareda, na comarca leonesa do Bierzo.

Non se coñece a data exacta das orixes do edificio. É posible que a primeira edificación, da cal non quedan restos, date de finais do século IX ou comezos do X. A actual edificación (é a terceira reconstrución), foi comezada -segundo a epígrafe da fachada- no ano 1778 e rematada en 1780. Ademais foi un templo que contaba cun convento e unha escola, esta última pechada dende o ano 1995Monasterio Benedictino de San Andrés Municipio de Vega de Espinareda. Consultado o 29 de novembro de 2012..

Historia Construído nunha data incerta polos monxes provenientes do mosteiro de Ageo, situado en Zamora, seguindo a San Xenadio. Foi moito máis próspero ca outros mosteiros grazas á fertilidade das terras achegadas ao río Cúa. O mosteiro recibiu privilexios outorgados polos reis de León, o cal aumentou a súa importancia. Tamén recibiu favores da alta nobreza do Bierzo, quen elixiu este mosteiro para os seus enterramentos. Por esta razón, o mosteiro recibiu terras, doazóns, herdanzas e favores da familia real e a nobreza localJ. V. Álvarez de la C. Un monasterio que resume toda la historia de León La Crónica de León. Consultado o 29 de novembro de 2012..

Os monxes eran os terratenentes da época con explotacións agrícolas e gandeiras. Daquela, os relixiosos tiñan tamén poder político grazas aos vastos territorios xurisdicionais que posuían. O punto máximo do seu poder alcanzárono no século XVI, cando os abades se converterían en bispos de Granada ou de lugares exóticos coma Grecia.

No ano 1283 o mosteiro sofre un grande incendio, polo cal varios bispos do Reino de León, Zamora, Badaxoz, Coria e Astorga se comprometesen a contribuír á súa reparación.

Xa no século XVIII o seu poderío diminuíu coa distribución da riqueza do mosteiro entre os abades e o desvío de riquezas para os seus familiares. Logo, a Desamortización de 1836 desposuíu ao mosteiro de todas as súas terras, con excepción dunha pequena horta e dun bosque próximo de carballos, causando a ruína e o abandono do mosteiro. Tamén no século XVIII é cando se produce outra reparación xeral do edificio, que lle fornece os actuais trazos de estilo neoclásico.

miniatura|Parte traseira do mosteiro.

Antiga xurisdición miniatura|Fonte da Abadía. Os datos que temos sobre a súa antiga xurisdición proveñen do Censo das provincias ordinarias e partidos, de Tomás González Hernández, arquiveiro de Simancas, copiado fielmente dun libro intitulado Libro do repartimento que se fixo dos oito millóns (de donativo) grazas aos achados que se fixeron sobre as veciñanzas do Reino no ano 1 591 para dende o ano 1 594 en diante (Libro dos millóns).

Segundo este censo, a abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda tiña os seguintes pobos baixo a súa xurisdición:

La Vega (A Veiga de Espiñareda) Penaselo (Penoselo) San Martino de Moreda (San Martín de Moreda) Burstergo (Bustarga) Pancañedo Finolledo (Finolléu) Ocero (Oceiru) Villar de Otero (Vilar de Outeiro) Castellanos Santa Marina (Santa Marina del Sil) Bárcena (Bárcena de l'Abadia) Trascastro Tombrío de Abajo (Tombriu d'Abaixu) Laguiera Fresne del Otero Lillo (Lillo del Bierzo-Lillu d'El Bierzu) San Pedro de Olleros (San Pedro de Oleiros) Burbia San Miguel de Argancia (San Miguel de Arganza-Samiguel d'Arganza) Panillo (Espanelo) Retuerta San Vicente Cano Prado Saucedo (Sancedo-Sánceu) Berlanga (Berlanga del Bierzo) Fontoria (Fontoira) San Juan de la Mata (San Xuán de la Mata) Moreda

Como se pode ver na lista, esta xurisdición estendía o seu goberno por boa parte do Bierzo: os concellos da Veiga de Espiñareda, Fabeiro, Arganza, Peranzais, Sancedo, Toreno, Cubillos de Sil, e Berlanga del Bierzo. Daquela, a xurisdición da Abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda tiña 1 258 habitantes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía González, Tomás: Censo de población de las Provincias y Partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI. De Orden del Rey N. S., Madrid en la Imprenta Real, ano de 1829. Edición facsimilar: Censo de Castilla de 1591: Vecindarios. Comentario de Annie Molinié-Bertrand; introdución de Eduardo García España. Instituto Nacional de Estadística, Madrid: 1982. ISBN 84-260-0639-6.

Ligazóns externas Abadía de San Andrés de Espinareda: Lista de abades desde 1613 a 1828.

Categoría:Provincia de León Categoría:Mosteiros de Castela e León Categoría:Mosteiros beneditinos