Irmán do vento é unha novela de Manuel Lourenzo González, publicada en 2003 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano recibiu o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.

Trama Khaled é un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, un amor, proxectos. Ata que, de repente, chega a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser.

Narración Irman do vento é unha novela de aventuras con tres narradores, un que introduce a acción, outro que conta a historia en cursiva e o propio protagonista. A acción transcorre en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el.

Traducións Ao inglés por Jonathan Dunne como Brother of the Wind publicado en 2017 por Small Station Press, Col. Galician Wave.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Cultura Galega

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2003 Categoría:Obras literarias de Manuel Lourenzo González Categoría:Obras gañadoras do Premio Merlín