Augusto Sierra Rodríguez, nado en San Paio (Petín) cara a 1891Faleceu con 45 anos. e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Vilamartín de Valdeorras, na Segunda República foi nomeado alcalde de Vilamartín de Valdeorras en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido en Montefurado e o seu cadáver apareceu no Alto da Raspallosa (Petín) o 15 de marzo de 1937. Fora xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Petín Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1891
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos