Rafael Saura Rodríguez, nado en Ferrol en 1956, é un químico e escritor galego.
Traxectoria Estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela e desde 1982 desenvolveu a súa actividade laboral en Navantia-Ferrol (antiga E.N. Bazán).
Comeza a escribir como unha afección. En 2002 publicou a súa primeira novela, Huir del aire, ambientada na Idade Media durante o período da peste negra. Con ela obtivo un accesit no Premio internacional de novela histórica Alfonso X, El Sabio. Posteriormente publicou as novelas La sombra de la luna (2006), Vientos de naufragio (2011), El trigo de los asteroides (2012) e El último ermitaño de Caaveiro (2016). Ademais escribiu os relatos curtos La derrota de Sito, El mar de los rayos verdes, El coleccionista de falsos recuerdos e La bicicleta, e un libro de ensaio, El paradigma (2013).
Durante os anos 2003 e 2004 foi articulista de opinión no Diario de Ferrol, actividade que retomou en 2013.
Outra das súas afeccións é a fotografía. Neste eido editou en 2013, xunto co historiador Carlos de Castro, unha guía de Ferrol e os seus arredores de título Ferrol desde Ferrol.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Rafael Saura.
Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Escritores en lingua castelá Categoría: Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría: Nados en Ferrol Categoría: Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela