Jiří Adam, nado en Praga o 12 de outubro de 1950, é un pentatleta, tirador de esgrima e adestrador checo, gañador dunha medalla de prata en péntatlon moderno por equipos para Checoslovaquia nos Xogos Olímpicos de 1976.
Traxectoria Adam comezou a practicar o péntatlon na escola, destacando no tiro e na esgrima, que tamén practicaba en solitario. Entre 1973 e 1979 representou a Checoslovaquia nos Campionatos do Mundo de Péntatlon, sen éxito. Nos Xogos Olímpicos de 1976 o equipo checo composto por Adam, Jan Bártů e Bohumil Starnovský logrou con 15.451 puntos a segunda praza tras o Reino Unido. Nos Xogos Olímpicos de 1980 participou en esgrima, co equipo de espada composto ademais por Jurkou, Holubem, Dubou e Kubištou que quedou en sexto lugar. Tras retirarse da alta competición exerceu como adestrador, primeiro en centros deportivos xuvenís e despois no equipo checo de péntatlon.
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Esgrimistas da República Checa Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Checoslovaquia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Adestradores deportivos Categoría:Medallistas olímpicos en péntatlon moderno Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Nados en Praga Categoría:Esgrimistas olímpicos de Checoslovaquia Categoría:Pentatletas olímpicos de Checoslovaquia Categoría:Pentatletas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1980