A abadía territorial de Santa María de Grottaferrata (en ), coñecida tamén co nome de Abadía de San Nilo (dedicada a Nilo de Rossano), é a única abadía territorial da Igrexa católica italo-albanesa, tratándose dunha sé eclesiástica inmediatamente suxeita á Santa Sé e pertencente á rexión eclesiástica do Lacio. Actualmente a sé está vacante, dende a renuncia do arquimandrita Emiliano Fabbricatore, sendo o administrador apostólico o bispo de Albano, Marcello Semeraro. Historia A abadía foi fundada en 1004 polo santo ao que está dedicada, cincuenta anos antes do Gran Cisma entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. O abade Nilo, nado na Calabria bizantina e, xa que logo, de orixe e rito bizantino, decidiu fundar un mosteiro nos outeiros de Tuscolo, sobre unhas ruínas romanas, onde supostamente se lle aparecera a Virxe María. Porén, a abadía non foi completada na vida de Nilo, morto ao ano seguinte de chegar a Grottaferrata. Os traballos foron rematados baixo a dirección de Bertomeu o novo, cofundador da abadía.

Os primeiros arquimandritas logo de san Nilo foron Paulo, Cirilo e Bertomeu o novo: baixo a súa guía a abadía medrou en posesións e riquezas, e ao pouco tempo dependían dela unha vintena de igrexas sucursais por toda a Italia centro-meridional. Poucos anos logo da súa fundación o mosteiro contaba con arredor de 200 monxes basilianos e as continuas doazóns levaron a que o arquimandrita controlase vastos territorios no Lacio e no sur de Italia: o feudo Rofrano en Campania, na diocese de Policastro e da Conca della Campania na diocese de Caserta, e os castelos de Castel de' Paolis na diocese suburbicaria de Albano e de Borghetto di Grottaferrata na diocese suburbicaria de Frascati, así como outras posesións nas dioceses de Cosenza, Capaccio, Albano, Velletri e Venosa. A abadía obtivo tamén de moitos papas o recoñecemento da súa independencia respecto do cardeal bispo da diocese suburbicaria de Frascati.

O ano 1937 foi de grande importancia para a abadía, xa que o papa Pío XI, coa bula Pervetustum Cryptae-Ferratae Coenobium do 16 de setembro, elevouna a mosteiro exárquico, baixo a autoridade directa da Santa Sé.

Lista de arquimandritas Arsenio Pellegrini (21 de xaneiro de 1882 - 1920, finado) Isidoro Croce (18 de decembro de 1937 - 1960, finado) Teodoro Minisci (23 de xullo de 1960 - 1972, renuncia) Paolo Giannini (4 de agosto de 1972 - 1992, renuncia) Marco Petta (13 de setembro de 1994 - 2000, retirado) Emiliano Fabbricatore (31 de xaneiro de 2000 - 4 de novembro de 2013, retirado)Grottaferrata: l'Archimandrita dell'Abbazia, Padre Emiliano Fabbricatore, rinuncia all'incarico, ilmamilio.it, 4 de novembro de 2013 Administrador apostólico: Marcello Semeraro (dende o 4 de novembro de 2013)

Notas e referencias

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web oficial (varios idiomas). Ficha en Catholic-Hierarchy.org . Ficha en GCatholic.org .

Categoría:Divisións territoriais católicas en Italia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica italo-albanesa