Luís Calvo Sanz, nado en Santa Marina de Somoza (Santa Colomba de Somoza, León) o 19 de xullo de 1897 e finado en Carballo o 7 de xullo de 1980,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-7-1980, p. 56. foi un empresario galego.
Traxectoria Fillo de José Calvo Pérez, que rexentaba un almacén de coloniais en Carballo. Cando lle morreu o pai en 1902, herdou xunto á súa nai o negocio familiar. Estudou nos Escolapios de Monforte de Lemos e fixo o bacharelato na Coruña no Colexio Dequidt, despois estudou a carreira de profesor mercantil. En 1928 coñeceu a Emilio González López, co que estableceu unha fonda amizade, e afiliouse á ORGA. Coa proclamación da Segunda República foi elixido concelleiro de Carballo. Militante de Izquierda Republicana, formou parte da Comisión Xestora da Deputación da Coruña constituída en marzo de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión, resultou absolto, pero foi sancionado por "responsabilidades políticas". Na posguerra montou unha fábrica de carne en lata. Cando un decreto prohibiu a conserva de carne decidiu transformala en fábrica de fabada en conserva, orixe do Grupo Calvo. Despois pasou ao escabeche. Nos anos sesenta introduciuse no bonito co invento dunha empacadora de atún. Finou en en Carballo o 7 de xullo de 1980.
Recoñecementos En 1996 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.
Vida persoal Casou en 1934 con María Dolores Pumpido Esperante e foi pai de Manuel e José Luis Calvo Pumpido.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Historia do Grupo Calvo
Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Carballo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1980