O Festival do Castro é unha celebración de carácter centradamente musical que se organiza dende o 28 de xullo de 1979 no castro que coroa a vila de Ferreira de Pantón (Lugo). Aquel Primeiro Festival Galego do Castro estivo organizado pola comisión de festas. Actualmente é a Asociación Cultural O Castro a que organiza o festival.
Historia Nas súas primeiras edicións o festival estivo organizado pola comisión de festas da aldea. Nun inicio fixéronse seis edicións. Tres delas nos anos 1980 e outras tres nos anos 1990. Despois de varios anos da súa desaparición a Asociación Cultural e Xuvenil O Castro formada por xente de Pantón e mozos dos veciños concellos de Sober, O Saviñao e A Pobra do Brollón fixéronse cargo da organización e recuperárono en 2006. O Festival dura todo o día: hai actividades para os máis novos, xantar popular, acampada, artesanía e música de diversos estilos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Festival do Castro
Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Pantón