Os sete magníficos (en ) é un filme estadounidense dirixido por John Sturges que se estreou en 1960. É un remake de estilo western baseado no filme de 1954 Os sete samurais, dirixido por Akira Kurosawa. Está protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn, Robert Vaughn, Brad Dexter e Horst Buchholz que interpretan a un grupo de pistoleiros contratados para protexer unha pequena vila agrícola de México duns bandidos liderados por Calvera (Eli Wallach). A banda sonora foi composta por Elmer Bernstein.
Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2009.
Sinopse Os humildes habitantes dunha pequena vila mexicana atópanse a mercé dunha desapiadada banda de foraxidos que constantemente lles esixen un pago polas súas colleitas. Como eles non saben defenderse, deciden contratar os servizos de sete pistoleiros, sete implacables mercenarios cada un cunha habilidade especial no manexo das armas.
Personaxes Yul Brynner como Chris Adams Eli Wallach como Calvera Steve McQueen como Vin Horst Buchholz como Chico Charles Bronson como Bernardo O'Reilly Robert Vaughn como Lee James Coburn como Britt Brad Dexter como Harry Luck Vladimir Sokoloff como Home vello Jorge Martínez de Hoyos como Hilario Rosenda Monteros como Petra Whit Bissell como Chamlee o enterrador Rico Alaniz como Sotero Natividad Vacío como Miguel Robert J. Wilke como Wallace Val Avery como Henry Bing Russell como Robert
Galardóns e nomeamentos 1960: Nomeada ó Oscar: Mellor Banda sonora (Drama ou comedia).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Sturges Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego