Fernando Domínguez Caamaño, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Na Segunda República foi funcionario municipal do concello de Santiago de Compostela. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Izquierda Republicana. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi defendido polo seu parente o avogado José Reino Caamaño, pero foi condenado á pena de morte. Executárono no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Políticos de Izquierda Republicana