A dos coxíidos (Kogiidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que inclúe dúas especies viventes, o cachalote pigmeo e o cachalote anano, e tres especies extintas.

Algunhas clasificacións no recoñecen esta familia e sitúan ao seu único xénero, Kogia, na familia dos fisetéridos, dentro da subfamilia dos Koginae Gill, 1871, pero hoxe está aceptado este grupo como familia Kogiidae Gill, 1871.Kogiidae Gill, 1871 en WoRMS.

Descrición

Estes cetáceos caracterízanse por teren a boca en posición ventral en relación ao cranio, a diferenza dos delfínidos e a maioría dos demais odondtocetos. Non teñen dentes no maxilar superior, e o inferior presenta dentes cónicos. Ao igual que o cachalote, posúen espermaceti no melón.

O tamaño do seu corpo é pequeno, en comparación có doutros cetáceos (entre 3 e 3,5 m), e especialmente co do seu máis próximo parente, o cachalote.Duguy e Robineau (1987), pp. 142-143. e bastante repoludo, cunha aleta dorsal pequena, falciforme, e a caudal cunha incisura media lixeira, a as pectorais anchas e curtas, situadas en posición moi adiantada. Presentan unha falsa galada detrás da súa cabeza, que é de forma cuadrangular.Carwardina,. M. (1995), pp. 82-85.

Distribúense por todos os océanos do mundo, en augas profundas cerca das costas.

Taxonomía miniatura|230px|Kogia breviceps. miniatura|230px|Kogia sima.

A familia só conta cun xénero e dúas especies actuais:

Familia Kogiidae Subfamilia Kogiinae Xénero Aprixokogia † Aprixokogia kelloggi † Xénero Kogia Kogia breviceps (Blainville, 1838) – cachalote pigmeo Kogia sima (Owen, 1866) – cachalote anano Xénero Praekogia † Praekogia cedrosensis † Subfamilia Scaphokogiinae Xénero Scaphokogia † Scaphokogia cochlearis †

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.

Outros artigos Odontocetos Cachalote

Ligazóns externas Kogiidae en Tree of Life . Kogiidae en Paleobiology Database . Kogiidae Gill, 1871 en ITIS. Kogiidae Gill, 1871 en WoRMS .

Categoría:Kogiidae