Tadeusz Friedrich, nado en Nowy Sącz o 7 de xullo de 1903 e finado en Cracovia o 10 de outubro de 1976, foi un tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas. Traxectoria

Estudou dereito en Lviv, foi un dos mellores esgrimistas polacos de entreguerras, gañou nove compionatos nacionais. Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 como substituto. Nos Xogos Olímpicos de 1928 logrou a medalla de bronce en sabre por equipos, repetindo nos Xogos Olímpicos de 1932 a mesma medalla na mesma proba. Casado coa atleta Felicja Schabińska, durante a segunda guerra mundial tomou parte na Insurrección de Varsovia. Despois da guerra foi un dos membros que recompuxeron a Federación Polaca de Esgrima en 1945 e foi adestrador do Krakowski Klub Szermierzy

Véxase tamén Ligazóns externas Pérfil de Tadeusz Friedrich na web do Comité Olímpico Polaco

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Polonia Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Polonia Categoría:Mestres de armas Categoría:Nados na Pequena Polonia Categoría:Adestradores deportivos Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932