miniatura|dereita|Trombomodulina. A trombomodulina (TM) ou CD141 ou BDCA-3 é unha proteína integral de membrana que se expresa na superficie das células endoteliais e funciona como cofactor para a trombina. Reduce a coagulación do sangue ao converter o encima procoagulante trombina nun encima anticoagulante.IPR001491 Thrombomodulin Acceso 22 agosto 2013. A trombomodulina tamén se expresa nas células humanas mesoteliais,Verhagen HJ, Heijnen-Snyder GJ, Pronk A, Vroom TM, van Vroonhoven TJ, Eikelboom BC, Sixma JJ, de Groot PG. Thrombomodulin activity on mesothelial cells: perspectives for mesothelial cells as an alternative for endothelial cells for cell seeding on vascular grafts. Br J Haematol. 1996 Dec;95(3):542-9. PMID 8943899. monocitos e un subconxunto de células dendríticas.

Caracterización

Nos humanos a trombomodulina está codificada no xene THBD OMIM do cromosoma 20. A proteína ten unha masa molecular de 74kDa, e consta dunha soa cadea con 5 dominios distintos. Na unión da trombomodulina coa trombina os contactos fundamentais son interaccións hidrofóbicas entre as cadeas laterais dos residuos Ile 414 e Ile 424 da trombomodulina e un peto hidrofóbico na superficie da trombina.

Función

A trombomodulina é unha glicoproteína da superficie das células endoteliais que funciona como un cofactor na activación inducida pola trombina da proteína C na vía anticoagulante ao formar un complexo de estequiometría 1:1 coa trombina. Isto multiplica a velocidade de activación da proteína C por mil. A proteína C activada cliva os factores Va e VIIIa, que interveñen na produción de trombina, polo que esta produción diminúe. Por tanto, o sistema trombina/trombomodulina/proteína C constitúe un control de retroalimentación negativa da produción de trombina.

A trombina unida á trombomodulina ten á vez un efecto inhibitorio da fibrinólise ao clivar o inhibidor da fibrinólise activable pola trombina (ou TAFI, tamén chamado carboxipeptidase B2) orixinando a súa forma activa.Zhao L, Morser J, Bajzar L, Nesheim M, Nagashima M (December 1998). "Identification and characterization of two thrombin-activatable fibrinolysis inhibitor isoforms". Thromb. Haemost. 80 (6): 949–55. PMID 9869166.

Ademais de unirse á trombina, a trombomodulina regula a inactivación de C3b (do sistema do complemento) polo factor I do complemento. As mutacións no xene da trombomodulina (THBD) tamén foron asociadas coa síndrome urémica hemolítica atípica.

Descubriuse que o antíxeno descrito inicialmente como BDCA-3 nas células dendríticas en realidade é idéntico á trombomodulina. Así, púxose en evidencia que esta molécula aparece nun subconxunto moi raro (0,02%) de células dendríticas humanas chamadas MDC2. A función que exerce nesas células non se coñece.

Interaccións A trombomudulina interacciona coa trombina.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entradas de GeneReviews/NCBI/NIH/UW para a síndrome hemolítica urémica atípica Entradas de OMIM para a síndrome hemolítica urémica atípical

Categoría:Proteínas Categoría:Coagulación do sangue Categoría:Antíxenos CD