O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace no concello de Cerceda e desemboca no encoro de Cecebre.
O curso alto, chamado aínda rego Barcés, é tributario do lago das Encrobas. Dende aí traza un percorrido en dirección nordés até confluír co río Mero en Orto, Abegondo, a unha altitude de 40 metros sobre o nivel do mar, onde ambos forman o encoro de Abegondo - Cecebre, espazo declarado zona especial de conservación (ZEC).
O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda. Ecoloxía: flora e fauna O comezo do río Barcés atópase nun bosque ripario (vexetación típica das ribeiras de ríos e regatos)Bosque ripario en Infojardín. de salgueiros e ameneiros. Cara ao fondo do río apréciase un aumento da vexetación, formando un bosque de ribeira, que medra nun espazo estreito e longo estendéndose en paralelo ao curso da auga. Nese último treito destaca a presenza do chopo negro..
Este bosque de ribeira é hoxe un enorme ecosistema de algo máis de mil hectáreas con aproximadamente 800 000 árbores (medio millón foron plantadas nos últimos anos): bosques de carballos, castiñeiros, ameneiros, salgueiros... que se reproducen polos seus extremos. Están catalogadas actualmente 862 especies de animais e vexetais, segundo o estudo da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, da Universidade de Santiago. Nunha excursión de pouco máis dunha hora é posíbel cruzarse (máis ben cruzan eles diante) cunha manda de xabarís, varias aves rapaces, lebres... Tamén hai lobos, raposos, coellos, troitas de gran tamaño, aves migratorias cando é a súa época, e gaivotas.
O corredor ecolóxico do río Barcés Na actualidade, a Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a Universidade da Coruña, colaboran nun estudo financiado pola "Cátedra de Desenvolvemento Sostíbel Hijos de Rivera-UDC", que ten como obxectivo que o río Barcés e o seu bosque de ribeira funcionen como un corredor ecolóxico que conecte o encoro de Abegondo-Cecebre co lago das Encrobas, contribuíndo á calidade da auga que se consuma na ára da Coruña. Neste raballo, dirixido polos doutores da UDC María José Servia e Jaima Fagúndez, propóñense medidas de mellora do bosque, incluíndo a restauración pasiva por rexeneración natural nas áreas cun nivel medio de degradación, e medidas de reforestación nas áreas moi degradadas.
No traballo avalíase o estado ecolóxico do bosque de ribera do Barcés sobre a base de que existe unha relación directa entre o estado do bosque e o do medio fluvial, a calidade da auga e as comunidades faunísticas, empregando o concepto «o bosque como indicador da saúde do río», establecendo indicadores específicos, así como unha clasificación dos impactos sobre o ecosistema do bosque, definindo medidas para a súa conservación. Os autores, ademais, indican que «a colabroación cos propietarios, a educación e a implicación da sociedade serán indispensábeis nas seguites fases do proxecto».
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ríos de Galicia Río Mero Lago das Encrobas Encoro de Abegondo-Cecebre
Barces