José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.

Traxectoria Fillo dunha andaluza e un mallorquino, carabineiro destinado en Vigo, con tres anos abandonou Galicia.

Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.

Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Buenos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.

Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con nove cadros doados polo autor), na Colección Afundación,Frau na Colección Afundación. no Museo Provincial de Pontevedra,Frau no Museo de Pontevedra: ;Paisaje con bañistas ; Paisaje ; En el portal, José y María no Museo de Belas Artes da Coruña,Frau no Museo de Belas Artes da Coruña. e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, ten obra no Museo Nacional Centro de Arte Raíña SofíaFrau no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Buenos Aires, California e Alemaña.

En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Castro Arines, José de: J. Frau. Exposición monográfica. Vigo, Caixavigo, 1984. Chamoso Lamas, Manuel; Arte en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976. Ilarri Gimeno, Angel; Catálogo do Pazo Museo Quiñones de León, Vigo, Concello, 1978. López Vázquez, Xosé Manuel; artigo "FRAU, José" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Mon Rodríguez, Fernando; Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes