Santa María de Maroxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 74 habitantes (43 homes e 31 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Toponimia

A orixe toponímica é dubidosa, se ben se aceptan como posibles varias teorías, entre as máis destacadas están o antropónimo "Maro" de orixe celta e a súa posterior latinización como "Marogium", que rematou desembocando en "Maroxo". Outra orixe podería ser "Marouço", que vén do portugués, significando "monte empedrado preparado para o cultivo".

Patrimonio

A igrexa parroquial de Santa María de Maroxo (dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela) é un templo que data do século XIX, de estilo románico, que consta dunha soa nave e tellado a dúas augas. Está rodeada por un atrio-cementerio pechado por un muro de cachotaría e unha cancela de ferro. O edificio está construído con cachotaría, con elementos de granito en marqueados e esquinas das paredes. Ten unha sancristía acaroada á ábsida no lado esquerdo, e un retablo que data do tamén século XIX, así coma un arco de medio punto que apuntala e estreita a parte do prebisterio do resto da nave. Consta tamén de forxados, tribuna e teitume de cemento armado.

Casa grande de Maroxo.

Lugares e parroquias Lugares de Maroxo

Parroquias de Arzúa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arzúa Ligazóns externas

Categoría:Parroquias de Arzúa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María