lang=gl|miniatura|dereita|Cerebro embrionario de 4 semanas. miniatura|dereita|As tres partes derivadas do rombencéfalo: cerebelo, ponte e bulbo. O rombencéfalo (ou cerebro posterior) é unha porción do encéfalo embrionario que forma a parte do encéfalo que rodea o cuarto ventrículo e conecta coa medula espiñal, e está formado polo metencéfalo e o mielencéfalo. Comprende o bulbo raquídeo, a ponte de Varolio, e o cerebelo. O rombencéfalo mantén procesos corporais vitais como a respiración, sistema cardíaco, coordinación muscular, entre outros. miniatura|dereita|300px|Rombencéfalo. O rombencéfalo pode subdividirse nun número variable de avultamentos transversais chamados rombómeros. No embrión humano poden distinguirse oito rombómeros, que desde o caudal ao rostral son: Rh8-Rh1. Rostralmente, o istmo marca os límites co cerebro medio ou mesencéfalo.
Existe unha rara enfermidade do rombencéfalo chamada "rombencefalosinapse", que se caracteriza pola ausencia de vermis, o que orixina un cerebelo fusionado. Os pacientes xeralmente presentan ataxia cerebelar (falta de coordinación muscular).
O rombencéfalo caudal foi xeralmente considerado o sitio de iniciación do peche do tubo neural.
Mielencéfalo Os rombómeros Rh8-Rh4 formam o mielencéfalo.
O mielencéfalo forma o bulbo raquídeo no cerebro adulto, e contén: unha porción do cuarto ventrículo, o nervio glosofarínxeo (par cranial IX), o nervio vago (X), o nervio accesorio (XI), o nervio hipogloso (XII), e unha porción do nervio vestíbulo-coclear (VIII).
Metencéfalo Os rombómeros Rh3-Rh1 forman o metencéfalo.
O metencéfalo está composto pola ponte de Varolio e o cerebelo, e contén: unha porción do cuarto ventrículo, o nervio trixémino (V), o nervio abducens (VI), o nervio facial (VII), e unha porción do nervio vestíbulo-coclear (VIII).
Evolución
O cerebro posterior é homólogo dunha parte do cerebro dos artrópodos chamada ganglio subesofáxico, en canto aos xenes que se expresan e a súa posición entre o cerebro e o cordón nervioso. Baseándose nisto suxeriuse que o cerebro posterior evolucionou primeiro nos Urbilaterianos, que son os últimos antepasados comúns de cordados e artrópodos, hai entre 570 e 555 millóns de anos.Haycock, DE Being and Perceiving
Outras imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas NIF Search - Rhombencephalon via the Neuroscience Information Framework
Categoría:Sistema nervioso
ru:Задний мозг sl:Rombencefalon