José Ramón Curbera Puig, finado en Vigo o 8 de maio de 1918,El Sol, 9-5-1918, p. 4.El Progreso, 12-5-1918, p. 3. foi un empresario galego.
Traxectoria Capitán da mariña mercante, ao mando do bergantín Nuevo feliz facía viaxes entre Vigo e A Habana transportando pasaxeiros e mercadorías. Estableceuse en Vigo dedicándose ao negocio de coloniais e despois, á fabricación de conservas. A súa fábrica foi unha das de maior produción de Vigo a principios do século XX. Tamén construíu buques para a súa explotación e adquiriu a única fábrica de papel continuo de Vigo (aberta por Antonio López de Neira).
Foi un dos fundadores do Banco de Vigo (e foi presidente do seu primeiro consello de administración) e dos creadores da Cámara de Comercio, Industria e Navegación (da que foi presidente de 1894 a 1906).
De ideas democráticas, durante a I República foi tenente alcalde do Concello de Vigo (1873) na corporación presidida por Primitivo Blein Costas. Realizou campañas a favor da supresión dos fielatos e loitou pola aplicación da lei de admisión temporal da lata.
Tamén foi o primeiro galego en mercar un automóbil, concretamente, en 1991 un Panhard.
Vida persoal Casou con Epifanía Fernández de la Cigoña Conde o 14 de decembro de 1861 e foi pai de José Ramón Curbera Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Concelleiros de Vigo