miniatura|dereita|220px|Craig Thompson en setembro de 2011. Craig Matthew Thompson, nado en Traverse City, Míchigan o 21 de setembro de 1975 é un creador de bandas deseñadas.
Traxectoria Nado en Míchigan, fillo dun fontaneiro e dunha enfermeira, creceu nunha familia cristiá fundamentalista, sendo o seu primeiro contacto coa banda deseñada as tiras cómicas infantís dominicais. Comezou a escribir no periódico da universidade.
A súa primeira novela gráfica foi a semiautobiográfica Good-bye, Chunky Rice, inspirada pola súa marcha a Portland, Oregón, á que seguiu a tamén autobiográfica Blankets.
A finais de 2004 comezou a traballar en Habibi, publicada sete anos máis tarde.
Obra 1999 - Good-bye, Chunky Rice 2000 - Bible Doodles 2001 - Doot Doot Garden 2003 - Blankets 2004 - Carnet de Voyage 2011 - Habibi 2014 - Space Dumplins
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog de Craig Thompson
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en Traverse City, Míchigan Categoría:Nados en 1975