As Moraxeláceas (Moraxellaceae) Rossau et al. 1991 é unha familia de Gammaproteobacteria que comprende maioritariamente bacterias que viven no solo e nas augas naturaisR. Rossau, A. van Landschoot, M. Gillis & J. de Ley, "Taxonomy of Moraxellaceae fam. nov., a New Bacterial Family To Accommodate the Genera Moraxella, Acinetobacter, and Psychrobacter and Related Organisms". International Journal of Systematic Bacteriology, vol. 42 (1991), n.º 2, pp. 310-319 .. Malia a predominancia de especies de vida libre, existen nesta familia outras que son parasitas, en xeral inofensivas, das mucosas dos mamíferos, incluíndo os seres humanos. Algunhas especies son patóxenasGeorge M. Garrity, Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. 2. Auflage. Springer, New York, 2005, Volume 2: The Proteobacteria, Part B: The Gammaproteobacteria, entre as cales están Moraxella catarrhalis, patóxena para os humanos e Moraxella bovis, axente causante da doenza dos ollos vermellos ou rosas do gando bovino (queratoconxuntivite infecciosa bovina, tamén coñecida como IBKSigla derivada da designación en inglés: Infectious bovine keratoconjunctivitis.), e Acinetobacter baumannii pode causar infeccións intrahospitalarias en pacientes debilitados.

As bacterias desta familia son gramnegativas, aeróbicas, quimioheterótrofas e mesófilas ou psicrófilas (viven a baixas temperaturas), e en xeral considéranse bacterias psicrotróficas (especialmente as do xénero Psychrobacter). Son bacilos ou cocos catalase positivos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature Pink-eye in Beef Cattle

Categoría:Pseudomonadales