A filla do mar (orixinalmente La hija del mar) é unha novela en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicada en 1859. Xa no século XXI foi traducida ao galego e publicada por Toxosoutos.

Características miniatura|175px|Imprenta de J. Compañel, na rúa Real de Vigo. É unha novela romántica, de carácter folletinesco. Está adicada a Manuel Murguía, con quen Rosalía casara en 1857. Foi publicada en Vigo, pola imprenta de Juan Compañel. En maio de 1976 saíu unha edición da librería-editorial compostelá Galí.

A obra inclúe un prólogo no que a autora defende a súa condición de muller escritora, expoñendo o seu dereito a publicar este texto narrativo de ficción, se ben considera que a mediados do século XIX a muller aínda tiña problemas para publicar un texto de carácter intimista.

A novela ten influencia por autores dos gustos románticos da época. Así, hai citas de autores como Carl Franz Van der Velde, Ossian, George Sand, José Zorrilla, Lord Byron, Xoán da Cruz, Maria Susanna Cummins, Bernardin de Saint-Pierre, Charlotte Turner Smith, Goethe, Delphine de Girardin e Victor Hugo, amais do poeta culterano Luis de Góngora.

En 2001 foi publicada en galego, co título de A filla do mar, pola Editorial Toxosoutos, nunha tradución de Olga Patiño Nogueira (ISBN 84-95622-33-5).A filla do mar Editorial Toxosoutos.

Trama

A acción sitúase en Muxía, preto do Santuario da Virxe da Barca. A novela conta as vivencias tráxicas de dúas mulleres: Esperanza é unha nena orfa rescatada dun naufraxio nun con por un mariñeiro, que é entregada á súa nai adoptiva, Teresa, unha muller expósita que xa ten un fillo pequeno, se ben este morre ao pouco de recibir a pequena. Teresa, que vive de coidar o gando, cría e coida a Esperanza.Texto integro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

miniatura|center|300px|Esta mariña do fillo da autora, Ovidio Murguía, empregouse no ano 2025 para ilustrar a portada dunha edición en galego, en versión de lectura fácil, da novela.A filla do mar Editorial La mar de fácil.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

AAVV (1986). Actas do congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, v. 1. CCG. USC: , M. "La voz del narrador desde La hija del mar a El primer loco…", vol. 1, 341-366. , Carlos. "Reflexiones sobre La hija del mar", vol. 1, 367-380. , Manuel Celso. "A natureza en La hija del mar", vol. 1, 381-386.

Outros artigos

Juan Compañel Ligazóns externas "La hija del mar: Biografía, confesión lírica y folletín", artigo de Marina Mayoral .

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1859 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Libros no dominio público Categoría:1859 en Galicia