A tempada 2013-2014 da División de Honra da liga española de rugby é a 47ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013, e ten 22 xornadas de liga regular que darán paso á fase de eliminatorias polo título.
Formato O torneo está composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular consta de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontarase cos restantes 11, e na segunda volta repetirá os enfrontamentos, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputarán a fase final. A fase final constará de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontaránse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardabarán en semifinais polos seus rivais. A final dispurarase no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.
O descenso de categoría seralle imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo terá a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.
Equipos Despois de 13 anos cunha liga de 10 equipos, a edición 2012-2013 volveu novamente a contar cun formato de 12 participantes, e nesta tempada mantense. O vixente campión, VRAC, será o encargado de defender o título acadado na anterior tempada. De seguido amósanse uns datos básicos sobre cada un dos 12 equipos que competirán na División de Honra nesta tempada (entre parénteses, a posición acadada na tempada anterior):
Clasificación A liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013. A seguinte táboa amosa a clasificación da liga regular:
Máximos anotadores
Anotadores de puntos Con 236 puntos: Tiago Girao (Cisneros)
Con 228 puntos: Brad Linklater (Getxo)
Con 209 puntos: Gareth Griffiths (VRAC)
Anotadores de ensaios Con 22 ensaios: Ignacio Contardi (Independiente)
Con 15 ensaios: Íñigo Olaeta (Gernika)
Con 14 ensaios: Afa Tauli (Santboiana)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Española de Rugby
Categoría:Rugby en 2014 Categoría:División de Honra de Rugby
en:2013–14 División de Honor de Rugby es:División de Honor de Rugby 2013-2014