O Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna é unha igrexa situada na cidade de San Cristóbal de La Laguna (Tenerife, Illas Canarias), á beira da Praza do Cristo de La Laguna. O Santuario é un dos máis importantes templos das Illas Canarias, que garda a imaxe do Santísimo Cristo de La Laguna, que é unha das imaxes máis veneradas polos canarios.

Historia A igrexa foi construída en 1580 por orde de Alonso Fernández de Lugo (conquistador da illa). A igrexa forma parte dun convento franciscano e ten unha única nave, alta e estreita. A imaxe de El Cristo de La Laguna foi feita de madeira, en Flandres, polo escultor belga Louis Van Der Vule no século XVI. Esta imaxe, de gran valor histórico e artístico, ten gran devoción, non só na cidade de La Laguna, senón tamén no resto das illas. A imaxe está colocada nunha cruz de prata.

No interior, o altar maior está enteiramente feito de prata e ouro, neste altar é onde atopamos a imaxe do Cristo. Varios papas concederon indulxencias ao Santuario . En 1906, o rei de España, Afonso XIII concedeu o título do Real Santuario.

Xunto ao Santuario están o Cuartel Militar, a casa do xefe do Comando Militar de Área e as Illas Canarias.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entorno del Santuario, página oficial de la Real, Pontificia y Venerable Esclavitud del Santísimo Cristo de La Laguna. Real Santuario del Cristo de La Laguna, Página de Turismo de Tenerife

Categoría:Igrexas católicas de España Categoría:San Cristóbal de La Laguna Categoría:Igrexas das Canarias