250px|miniatura|Palacio de comunicacións de Madrid. A candidatura olímpica de Madrid 2016 foi o intento por parte da cidade de Madrid para ser elixida polo Comité Olímpico Internacional (COI) como cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de 2016. Madrid é unha das grandes cidades europeas que nunca albergaron uns Xogos, e esta candidatura converteuse na terceira vez, e segunda consecutiva, que Madrid se postulába como candidata a organizar unha olimpíada.

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, situou os Xogos Olímpicos para a capital española no primeiro lugar en importancia durante as súas dúas lexislaturas desde 2003. Madrid 2016 contaba cun alto apoio en Madrid e España e coa segunda mellor valoración técnica do COI, só avantaxada por Tokyo, pero, malia iso, non figuraba entre as favoritas por celebrarse en Londres os Xogos Olímpicos de 2012, dada a rotación de continentes entre cada olimpíada que se leva cumprindo desde 1956. Finalmente foi derrotada pola candidatura de Río de Xaneiro na rolda final de votacións por 66-32, quedando por diante das outras dúas cidades contendentes, Tokyo e Chicago.

As datas propostas para a celebración dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Madrid 2016 foron: desde o venres 5 de agosto ao domingo 21 de agosto para os Xogos Olímpicos e desde o venres 9 de setembro ao martes 20 de setembro para os Xogos Paralímpicos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2012 Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2020

Ligazóns externas Madrid 2016 en RTVE.es madridolimpico.net

Madrid Categoría:Deporte en Madrid