O Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology (Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey, moitas veces abreviado como manual de Bergey ou BMSB) é un libro que é a principal fonte utilizada para a determinación da identidade das especies de bacterias, utilizando as diversas características que as distinguen.
Este manual foi sucesor do anterior Bergey's Manual of Determinative Bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa de Bergey), a pesar de que este último aínda se segue publicando como unha guía para a identificación de bacterias descoñecidas. O manual de Bergey foi publicado por primeira vez en 1923 por David Hendricks Bergey, e utilízase para clasificar as bacterias baseándose nos seus atributos funcionais e estruturais para situalas en familias e ordes específicas. Este proceso fíxose cada vez máis empírico nos últimos anos.
O Taxonomic Outline of Bacteria and Archaea (Perfil Taxonómico de Bacterias e Arqueas) é unha publicación derivada que indexa os nomes de taxons da versión 2 do manual. Adoitaba estar dispoñible gratis desde a web do trust do manual de Bergey ata setembro de 2018. A Universidade do Estado de Michigan proporciona unha versión alternativa que indexa rexistros de NamesforLife.
O BMSB de cinco volumes foi oficialmente substituído polo Bergey's Manual of Systematics of Archaea and Bacteria (BMSAB), un libro en liña continuamente actualizado, desde 2015.
Organización da obra Desde 1980 empezouse a traballar nun cambio no libro, mudando o formato en varios volumes e cun novo estilo no que se incluían as "relacións entre organismos" e cun "alcance expandido" no seu conxunto. Este novo estilo foi presentado nun conxunto de catro volumes,"O novo formato, que ten un scope expandido e examina as relacións entre os organismos (sistemática), denomínase Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. O traballo no primeiro volume da secuencia de catro volumes empezou en 1980 e foi...", "Microbiology" por Daniel V. Lim, Kendall Hunt, 2002 dos cales se publicou o primeiro en 1984. A información que contiña cada volume foi distribuída así:
Volume 1, que incluía información de todos os tipos de bacterias gramnegativas que se considera que teñen "importancia industrial ou médica." Volume 2, que incluía información sobre todos os tipos de bacterias grampositivas. Volume 3, que trataba o resto das bacterias gramnegativas lixeiramente distintas do grupo principal, e tamén as arqueas. Volume 4, que contiña a información sobre actinomicetos filamentosas e outras bacterias similares."Bergey's Manuals", Understanding bacteria by Sheela Srivastava, Springer, 2003, Pg. 40
Despois, a obra sufriu máis modificacións. Os volumes actuais diferéncianse drasticamente dos volumes anteriores en que moitos dos taxons superiores non están definidos en termos de fenotipo, senón só baseándose na filoxenia do ARNr 16S, como é o caso das clases de Proteobacteria.
A distribución actual dos volumes é a seguinte: Volume 1 (2001): As Arqueas e as bacterias fototrópicas que se ramificaron moi profundamente (moi cedo) na árbore evolutiva Volume 2 (2005): As Proteobacteria, divididas en tres libros: 2A: Ensaios introdutorios 2B: As Gammaproteobacteria 2C: Outras clases de Proteobacteria Volume 3 (2009): As Firmicutes Volume 4 (2011): As Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, e Planctomycetes Volume 5 (dividido en dúas partes) (2012): As Actinobacteria
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bergey's Manual Trust Home Page Bergey's Manual Identification Flow Charts Book Information
Categoría:Microbioloxía Categoría:Bacterias