Estanislao Durán Gómez, nado en Vigo o 8 de maio de 1906 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1974, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo do consignatario de buques Estanislao Durán David.Finado o 3 de decembro de 1953. Fixo a carreira de enxeñeiro industrial en Loughborough e incorporouse en 1928 á consignataria da familia. Pertenceu á Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e foi presidente da Asociación de Navieros e Consignatarios. Nomeado deputado provincial en representación do partido xudicial de Vigo-Tui en decembro de 1936. Foi alcalde de Vigo de setembro de 1939 ata o 24 de xuño de 1940. En 1947 trasladouse a Madrid onde foi representante das compañías aéreas estranxeiras que operaban en España. Foi presidente da empresa Estanislao Durán e Hijos SA. Tamén foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedad Municipal de Vigo. Finou en Vigo o 16 de maio de 1974.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-5-1974, p. 10.

Vida persoal Casou con Marisa Fuentes e foi pai de María Luisa e Beatriz Durán Fuentes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1974