A cruz (†) é un signo tipográfico auxiliar. O seu nome débese á súa semellanza cunha cruz latina.

Uso En obras de carácter enciclopédico colócase ao carón da data de falecemento dun personaxe. Se se pon xunto ao nome dunha localidade adoita indicar que alí hai ou houbo un bispado. No caso de se querer sinalar a existencia dun arcebispado ponse a dobre cruz (‡). En lingüística indica unha palabra obsoleta. Debido a que non é un signo habitual, en disciplinas científicas ou en xadrez vén sendo substituído por outros signos, como + (signo de sumar) ou * (asterisco).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cruz

Bibliografía

Categoría:Símbolos Categoría:Cruces