Laura Alonso Padín, nada en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1976, é unha soprano operística galega. Comezou a súa carreira en 1999, cando se converteu en membro do Aalto-Musiktheater de Essen (Alemaña). Tamén ten aparecido como artista principal en moitos teatros internacionais con distintas agrupacións orquestrais de prestixio.
Traxectoria Filla de Luís Alonso Girgado e M.ª Paz Padín Castro, comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, proseguíndoos na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas.Gran Enciclopedia Galega Silveiro Cañada Tras graduarse en canto e violín marcha a Alemaña a estudar na Hochschule für Musik de Karlsruhe en 1993 coa prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Alexander von Humbolt alemá cos profesores Aldo Baldin, Anna Reynolds e Jean Cox, e lied con Hartmut Höll, entre outros mestres.
Aos 21 anos cantou a súa primeira ópera, Fidelio, de Ludwig van Beethoven, no Aalto-Musiktheater da cidade alemá de Essen,Españoles por Europa (3) en El País onde aos 23 anos entrou na súa compañía de ópera. No teatro alemán interpretou entre outros, os papeis de Mimí en La Bohème, Gilda en Rigoletto, Susanna en Le nozze di Figaro, Zdenka en Arabella, Pamina en Die Zauberflöte, ou a en Dialogues des carmélites, así como numerosos concertos. Máis de 400 representacións operísticas e concertos en total, soamente nesta casa de ópera.
Destacou tamén a súa interpretación do papel de Magda na ópera de Puccini La rondine en Utrecht e Ámsterdan coa orquestra TROS, substituíndo de xeito precipitado a Angela Gheorghiu, e obtendo un grande éxito de crítica. Debutou na Staatsoper Unter den Linden de Berlín coa ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.
En decembro de 2006, publicou o que é considerado o seu traballo discográfico máis ambicioso, "Col sorriso d'innocenza", un traballo que recolle arias pouco coñecidas de belcanto en colaboración coa Orquestra Filharmónica de Málaga e que colleitou excelentes críticas entre a prensa operística internacional. No ano 2007 encarnou a Sandrina en La finta giardiniera de Mozart durante o Festival de Salzburgo con motivo do ano Mozart, e ese mesmo ano inaugurou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid interpretando un programa de arias de belcanto co tenor canario Celso Albelo e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León baixo a batuta de Alejandro Posada. En 2009 participou na estrea en Alemaña da ópera de Granados Goyescas, encarnando a Rosario.
En 1998, recibiu o Premio á Mellor Artista do Teatro (Aalto Theater Essen), concedido por votación popular, e cantou no Teatro no 2010 durante as celebracións da Capital Europea da Cultura 2010, cando a cidade representou á rexión de Ruhr. En novembro dese mesmo ano debutou no Alice Tully Hall do Lincoln Center (Nova York) na representación da ópera de Ricardo Llorca Las horas vacías, obtendo un grande éxito de crítica e público.
En 2011, debutou no Teatro Colón de Buenos Aires (Arxentina), onde encarnou a Lulu, na ópera homónima de Alban Berg baixo a dirección do estadounidense Stefan Lano e con Alfredo Arias na dirección escénica. Ese mesmo ano debutou en Roma cantando a Sinfonía Nº 4 de Mahler, e realizou diversos concertos e producións operísticas en países como México, Perú, Chile ou Brasil.
É convidada regular en teatros e salas de concertos de renome internacional como o Auditorio Rishon Le Zion (Israel), Lincoln Center de Nova York, Teatro Belas Artes en México, Philharmonie de Colonia, Berlín e Essen, Laeiszhalle de Hamburgo, Konzerthaus de Berlín, Karlsruhe e Dortmund, Kuppel Saal de Hannover, Shanghai Oriental Arts Center, Maestranza de Sevilla, Herodes Atticus de Atenas, Concertgebouw de Amsterdam, Utrecht Auditorium, Os Angeles Auditorium (E.E.U.U.), Palau de Valencia e Barcelona, entre outros moitos.
Como gañadora de eminentes premios en concursos internacionais de canto destaca o seu Primeiro Premio no último Certame Alfredo Kraus, xunto a outros nos certames Franco Corelli, Verviers ou Jaume Aragall.
Cantou regularmente con directores do prestixio de Stefan Soltesz, Ión Marin, Philipp Jordan, Zoltan Peszko, Víctor Pablo Pérez, Heiko Matthias Förster , Antonello Allemandi, Frans Brüggen, Helmuth Rilling, Jiri Kôut , Karel Mark Chichon ou E. Plasson, en importantes teatros europeos, como a Deutsche Oper am Rhein, Nationaltheater Mannheim, Staatsoper Berlin, Oper Leipzig, Oper Frankfurt, Staatstheater Darmstadt, Ópera National de Lorraine, Staatstheater Braunschweig, Théâter de Poissy , Komische Oper Berlin , Theater Freiburg, Theater Lübeck, Guanzhou Opera House, Harbin Opern, NCPA Beijing, ou Brno na República Checa.
Colaborou con mestres de escena tales como A. Pilavachi, De Tomasi, Johannes Schaaf, Pontiggia, Berndt, Schlingensief ou Hilsdorf e actuado nos Festivais de Las Palmas de Gran Canaria, o Festival de Royaumont, Bregenzer Festspiele, Verbier Festival, Expo Hannover, Innsbrucker Festwochen, Îlle-de-France Festival, Festival de Santander, Festival de Salzburgo, ou na Semana da Ópera de Berlín, entre outros.
Podemos destacar na súa carreira o seu papel de Giulia na Scala di seta de Rossini, durante unha xira europea coa Freiburger Barockorchester, baixo a dirección de Attilio Cremonesi; a súa actuación en Ariadne auf Naxos na Staatsoper de Berlín ou o seu debut no Festival de Innsbruck (Austria) co papel de Cleopatra na ópera Giulio Cesar, de Antonio Sartorio, editado en disco polo selo ORF, que lle valeu o meritorio Diapason D‘ Or da crítica francesa.
Mención especial merecen tamén éxitos como o de Magda na Rondine de Puccini, que interpretou en Utrecht(Holanda) coa T. R.O.S. e o mestre Gómez Martínez á batuta, así como as funcións do Festival de Salzburgo, no rol de Sandrina, da Finta Giardiniera, con motivo do ano Mozart e coa posta en escena de Doris Dörrie, así como un gran concerto de cancións españolas xunto á Sinfónica de Hamburgo, e a afamada guitarrista chinesa Xuefei Yang, na Laeiszhalle de Hamburgo.
Alonso Padín fixo unha xira polas principais cidades de Alemaña xunto ao tenor chileno Felipe Rojas (Deutsche Oper Berlin) acompañada pola Neue Philharmonie Westfalen, cantando zarzuela, e actuou xunto á Orchestra di camera di Firenze, con obras de Vivaldi baixo a dirección do mestre Guven Yaslicam en Florencia.
Interpretou o Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla en Tel Aviv, e o rol de Donna Anna do Don Giovanni na ópera en Chile, así como varios concertos coa Orquestra Sinfonica dei Roma coa 4ª Sinfonía de Mahler que cantou tamén coa Sinfónica de Galicia e a Sinfónica de Bilbao.
Dedica gran parte do ano a facer recitais e masterclasses en diversos países do mundo moitos deles co pianista Marcelo Amaral e proximamente con Hartmut Höll. Alonso Padín actuou coa Sinfónica de Exipto, e nas máis importantes salas da China. En 2014 cantou o papel de Violetta na Traviata na ópera de Darmstadt, e volveu a interpretar o papel de Lucia dei Lammermoor en Illinois, así como o papel de Konstanze en Die Entführung aus dem Serail de Mozart, tamén en Illinois. No 2014, debutou na Herkulessaal de Munich , na Smetana Hall de Praga, e actuou de novo en Düsseldorf e Berlín con senllos concertos de arias de ópera con orquestra.
Con grande éxito de crtítica tamén actuou no teatro de Belgrado como Gilda en Rigoletto, e como Violetta na Traviata en Rousse, Bulgaria. Nese mesmo ano foi a solista no concerto de ano novo da prestixiosa Dallas Symphony Orchestra xunto ao mestre Dohnányi.
Foi Rosina de Barbiere na Ópera de Tel Aviv, Violetta na ópera de Lviv en Ucraína, e en Rovereto en Italia en abril do 2017; en Chengdú na China, cantou o papel de Carmen, tras facela con grande éxito en Taiyuan (China), baixo a dirección do mestre Michael Köhler.
Debutou en 2017 o Réquiem de Verdi nun gran concerto a favor dos refuxiados en Leipzig en Alemaña, xunto á Filarmónica de Leipzig. No verán do mesmo ano, cantou xunto ao recoñecido tenor mexicano Héctor Sandoval, arias e dúos de ópera xunto á Sinfónica de Castela e León no Festival Little Opera de recente creación, con excelentes críticas. Fixo o seu debut no Carnegie Hall en decembro de 2017 cun concerto de canción española, xunto á prestixiosa pianista da Metropolitan Opera, Yelena Kurdina.
En xullo de 2018 encarnou a Violetta na Traviata en Zhejiang na China, e en España en varios teatros e salas; actuou na cidade brasileira de Natal xunto á orquestra do Río Grande do Norte, e tivo funcións de ópera en Cluj- Napoca, e na prestixiosa Elbphilharmonie de Hamburgo xa en dúas ocasións.
En 2019, cantou novamente Violetta na Traviata, Leonora (Il Trovatore), Aida, Tosca, Turandot (papel principal) e tivo moitas actuacións como Madame Butterfly, en Morelia (México), en Santiago de Compostela e outras cidades de España.
Dende 1994 reside en Berlín.
Repertorio miniatura|
Ópera e opereta Repertorio operísticoPersonaxe TítuloCompositor Leonore Fidelio Beethoven Beatrice Beatrice di TendaBellini Norma NormaBellini Giulietta I Capuleti e i MontecchiBellini Zaira ZairaBellini Alaide La stranieraBellini Lulu LuluBerg Carmen CarmenBizet Leïla Les pêcheurs de perlesBizet Margherita MefistofeleBoito Melisande Pelleas et MelisandeDebussy Salud La vida breveFalla Maria Maria StuardaDonizetti Rita RitaDonizetti Lucia Lucia di LammermoorDonizetti Adina L'elisir d'amoreDonizetti Maria Maria PadillaDonizetti Pia Pia de' TolomeiDonizetti Lucrezia Lucrezia BorgiaDonizetti Anna Anna BolenaDonizetti Norina Don PasqualeDonizetti Gemma Gemma di VergyDonizetti Sancia Sancia di CastigliaDonizetti Elisabetta I Roberto DevereuxDonizetti Eleonora Il furioso all'isola di San DomingoDonizetti Margherite FaustGounod Xulieta Romeo e XulietaGounod Rosario GoyescasGranados Rodelinda RodelindaHändel Alcina AlcinaHändel Cleopatra Giulio CesareHändel Gretel Hänsel und GretelHumperdinck Hanna Glawari Die lustige WitweFranz Lehár Las horas vacíasRicardo Llorca Isabella, regina di Spagna Una cosa raraMartín y Soler Manon ManonMassenet Thaïs ThaïsMassenet Esclarmonde EsclarmondeMassenet Marghérite de Valois Les HuguenotsMeyerbeer Pamina Die ZauberflöteMozart Contessa Le nozze di FigaroMozart Donna Anna Don GiovanniMozart Donna Elvira Don GiovanniMozart Fiordiligi Cossì fan tutteMozart Elettra IdomeneoMozart Sifare MitridateMozart Sandrina La finta giardinieraMozart Blonde Die Entführung aus dem SerailMozart Zaide ZaideMozart Frau Fluth Die lustigen Weiber von WindsorNicolai Antonia Les contes d'HoffmannOffenbach Giulietta Les contes d'HoffmannOffenbach Magda La rondinePuccini Musetta La BohèmePuccini Turandot TurandotPuccini Blanche Dialogues des carmélitesPoulenc Maria EgiziacaRespighi Semiramide SemiramideRossini Giulia La scala di setaRossini Fiorilla Il turco in ItaliaRossini Pamira Le siège de CorintheRossini Mathilde Guillaume TellRossini Matilde Matilde di ShabranRossini Cleopatra Giulio Cesare Sartorio Rosalinde Die FledermausJ. Strauss II Arabella ArabellaR. Strauss Marschallin Der RosenkavalierR. Strauss Zerbinetta Ariadne auf NaxosR. Strauss Danae Die Liebe der DanaeR. Strauss Elisabetta di Valois Don CarlosVerdi Alice FalstaffVerdi Violetta La traviataVerdi Amelia Un ballo in mascheraVerdi Luisa Luisa MillerVerdi Giovanna Giovanna d'ArcoVerdi Freia Das RheingoldWagner Sieglinde Die WalküreWagner Brünnhilde SiegfriedWagner Gutrune GötterdämmerungWagner Agathe Der FreischützWeber
Zarzuela Zarzuela CompositorZarzuela(s) Barbieri El barberillo de Lavapiés, Los diamantes de la corona e Jugar con fuego Fernández Caballero Gigantes y cabezudos Chapí El rei que rabió Guridi El caserío Jerónimo Giménez La tempranica Pablo Luna En niño judío José Serrano Los claveles e La canción del olvido Pablo Sorozábal La del manojo de rosas e Katiuska Arrieta Marina Vives Maruxa Usandizaga Las golondrinas Moreno Torroba Luisa Fernanda e La marchenera
Oratorio e outros