Casiano Martínez Blanco, finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1903Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 31-10-1903, p. 3., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito. Xuíz municipal e maxistrado suplente da Audiencia de Ourense. Foi deputado provincial polo distrito de Ribadavia.

Vida persoal Casou con Lucila Pedrayo Ansoar, irmá de Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, a nai de Ramón Otero Pedrayo. Tiveron seis fillos: Eladio (1882-1967), Antonia (finada en 1975), José María (1894-1983), Juan (1886-1980), Teresa (finada en 1987) e Lucila.

Notas

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en ano descoñecido