As amanitasNome vulgar do xénero en: Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999: Xénero de fungos basidiomicetos da familia agaricáceas, con anel e volva no pedicelo, e sombreiro globuloso ou aberto. Fronte a algunhas comestibles, comprende especies moi velenosas e mesmo mortais (Amanita) é un xénero de fungos basidiomicetos da orde Agaricales. Contén arredor de 600 especies de fungos, e inclúe tanto algunhas das especies máis apreciadas como comestíbeis como varias das máis tóxicas do mundo (na súa maioría son tóxicas). A especie tipo do xénero é o rebentabois (Amanita muscaria), mentres que a considerada máis perigosa é a cacaforra da morte (Amanita phalloides). O 95% dos envelenamentos por consumo de fungos está provocado por especies que conteñen amatoxinas (que son propias, mais non exclusivas, deste xénero), cunha probabilidade de morte de entre o 10% e o 60%. O tóxico máis potente presente neste xénero, que tamén pode atoparse noutros cogomelos velenosos, é a amanitina.. As amanitas tóxicas adoitan denominarse en galego coma cacaforras.

Tamén contén o xénero moitos cogomelos comestíbeis e moi apreciados na gastronomía. Nunha ampla variedade de culturas, os cogomelos das diferentes especies comestíbeis de Amanita son apañados e procesados ou comercializados para o consumo. Son moi apreciadas especies como A. zambiana e outras especies carnosas en África Central, A. basii e outras semellantes en México, a amanita dos Césares ou raíña (A. caesarea) en Europa e A. chepangiana no sueste Sueste Asiático. Outras especies úsanse para darlles cor a ensaladas, como a vermella A. jacksonii, que se consome na costa leste de América do Norte, dende o Canadá deica México.

Moitas especies son de comestibilidade descoñecida, especialmente en países como Australia, onde os cogomelos son moi pouco coñecidos. En Galiza tampouco é moi común polo de agora o consumo de cogomelos, agás os comercializados nos mercados, porén é xa unha das zonas da península de maior consumo.

Amanitas comúns en Galiza Amanita caesarea, Amanita dos Césares, raíñaVV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Deputación de Lugo; Amanita citrina, francesiñaDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Amanita gemmata, Cacaforra dourada, algúns autores considérano comestíbel, outros non; Amanita muscaria, Rebentabois, bricabois ou amanita pinta; Amanita ovoidea, Amanita branca; Amanita pantherina, Cacaforra cincenta; Amanita phalloides, Cacaforra da morte, amanita faloides, (mortal); Amanita rubescens, Cacaforra viñosa, amanita do viño; Amanita spissa, Amenita cincenta; Amanita vaginata, Amanita cincenta estriada. Amanita verna, Cacaforra tola (mortal); Amanita virosa, Cacaforra fedorenta (mortal).

As cacaforras na cultura popular galega Cacaforra comida, nin herba nin manciña. Unha cacaforra no cesto fai perder o resto. Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a horana Web de Galicia Encantada - http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=767&n=[ditos_e_refr%E1ns_dos_cogomelos]_cacaforra_comida,_nin_herba_nin_manci%F1a.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de especies de Amanita Intoxicación por cogomelos velenosos Os cogomelos na cultura popular galega

Ligazóns externas "Genus Amanita" de Michael Kuo en MushroomExpert.Com.

Amanita Categoría:Fungos