miniatura|Fachada da igrexa.

A igrexa de Nuestra Señora del Azogue é unha igrexa románica, con reformas de estilo gótico, situada en Pobra de Seabra (provincia de Zamora).

Descrición Situada na parte máis alta da vila, xunto ao castelo dos Condes de Benavente, conserva da súa fábrica románica os muros da nave e dúas portadas que se sitúan neles, todo iso froito da segunda metade do século XII.

A porta meridional encóntrase baixo un soportal situado entre a torre e o brazo sur do cruceiro. Consta de tres arquivoltas de medio punto abucinadas sobre xambas. A exterior está decorada con flores tetrapétalas, a do medio é unha mediacana rodeada de talos que se entrecruzan formando rombos e a interior está formada por unha escocia entre dous boceis.

A outra porta, a occidental, está formada por catro arquivoltas apuntadas. Mención á parte merecen as columnas e as estatuas encostadas, feitas en pedra lousenta, mentres que o resto é de granito. Sobre a súa clave vese encaixada unha cabeza de cabaleiro barbado.

Baixo o adro encóntrase unha pía bautismal románica de granito con forma troncocónica e decorada cun anxo entre dous cruzamentos flordeliselados, un home de fronte cun libro nas súas mans e outro de perfil con capucha.

O templo garda semellanza con outras igrexas veciñas de Galicia —como san Pedro da Mezquita, santa María de Aciveiro ou santa María de Cambre— e o norte de Portugal.

Véxase tamén Bibliografía Enríquez de Salamanca, C.: Rutas del románico en la provincia de Zamora; ISBN 84 86097 70 3

Categoría:Pobra de Seabra Categoría:Igrexas da provincia de Zamora Categoría:Igrexas románicas de España Categoría:Igrexas católicas de España Azogue