San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 878 habitantes (441 mulleres e 437 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.
Historia Coa creación dos concellos en 1812 a parroquia de San Xoán de Lubre foi en principio encadrada no concello de Sada, e posteriormente adherida ao de Bergondo.
Cultura Topónimo Lubre é un topónimo céltico, prerromano, que se refire a un poboado nunha fortificación, nun lugar alto ou nun castro. A súa orixe é anterior ao século III.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Xoán foi construída co fin de acoller peregrinos cara a 1876 por Antón Romero, con Arturo Pailos e Manuel Souto como xefes da mans de obra.
Lugares e parroquias Lugares de Lubre
Parroquias de Bergondo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bergondo
Categoría:Parroquias de Bergondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía