Ulpiano Nogueira Maceira, nado en Sabarís (Baiona) o 3 de abril de 1870, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Foi descendente de Miguel Nogueira Malvar, comandante de carabineiros, propietario dun predio en Sabarís. Estudou Dereito en Madrid, e abriu un despacho na rúa de Atocha. Foi xuíz municipal de Baiona en 1897.El Correo Gallego, 20-6-1897, p. 1. Publicou en El Miñor de Baiona unha serie de cartas que logo recolleu no libro Ecos Madrileños. En 1917 presidiu o Comité Maurista de Baiona. Na ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado xuíz municipal de Baiona en 1927.

Obras Bayona antigua y moderna, 1902 (con José de Santiago).Bayona antigua y moderna en Galiciana. Ecos Madrileños, 1909.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Avogados de Baiona Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Baiona Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en ano descoñecido