Alfonso Alcalá Martín, nado en Ourense na década de 1870 e finado en decembro de 1936Necrolóxica en ABC, foi un xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Paulina Martín Cid. Foi nomeado correspondente en Ourense do diario España en 1904.Vida Gallega, 7-2-1904, p. 7. Foi redactor de El Eco de Orense e en 1907 obtivo o emprego de funcionario na subsecretaría do Ministerio de Facenda.El Diario de Pontevedra 6-4-1907, p. 3. Colaborou en Galicia, participou con Eugenio López Aydillo no proxecto de editidar en Madrid o semanario Galicia Española en marzo de 1908, que finalmente non viu a luz;El Norte de Galicia, 22-2-1908, p. 2. e en 1909 asistiu ao parladoiro madrileño da cafetería Excelsior, onde naceu o movemento Acción Gallega. En 1910 era redactor de España Nueva e colaborou en El Diario de Pontevedra e Acción Gallega. Os seus escritos tratan aspectos do caciquismo en xeral (cunerismo, reparticións de consumos etc.) e do caciquismo galego en particular (con reiteradas críticas ao bugallalismo). Tamén colaborou en Vida Gallega."Acaba de ser nombrado redactor literario en Madrid de la excelente revista «Vida Gallega», nuestro estimado compañero en la prensa D. Alfonso Alcalá Martín" El País, 26/3/1909, p. 3.«Luis Antón del Olmet» artigo de Alfonso Alcalá Martín en Vida Gallega n.º 6, xuño de 1909. En decembro de 1910, xunto con Basilio Álvarez, Luis Antón del Olmet e Rafael Carvajal, pasou a formar parte da redacción de El Debate.Diario de Galicia, 12-10-1910, p. 2. Intensificou a súa amizade con Basilio Álvarez e a súa integración total, como home de confianza daquel, no movemento de Acción Gallega. En Galicia interveu nos acontecementos da comarca de Viana tomando parte, xunto con Basilio, nun mitin organizado polas sociedades agrícolas en Madrid, adheriuse á Liga Agrario-Redencionista e asinou a protesta por non situar en Santiago de Compostela unha cátedra de Literatura Galaico-Portuguesa. Nese mesmo ano, solidarizándose coa actitude de Basilio Álvarez, renunciou con este ao seu posto de redactor de El Debate, acompañándoo a Galicia, onde participou en varios mitins de Acción Gallega e na III Asemblea de Monforte de Lemos. En maio dese ano foi nomeado redactor especial en Madrid da revista Ilustración Gallega.El Regional, 29-5-1911, p. 3. En 1912, reincorporado ao xornalismo madrileño, foi xefe de redacción de Acción Gallega na súa época máis radical, substituíndo a Eugenio López Aydillo. Tamén formou parte da Junta Central do movemento, sita en Madrid. Mantívose fiel á radicalización de Acción Gallega ata as escisións da fronte madrileña do movemento de 1914, cando naceu un novo portavoz xornalístico.
Desvinculado xa do agrarismo, traballou en El Mundo. En 1918 foi denunciado por Juan Vitorica Casuso por inxurias e calumnias.Querella a instancia de Juan Vitorica Casuso, contra Alfonso Alcalá Martín, por injurias y calumnias impresas. Foi correspondente da Real Academia Galega dende 1911.El Eco de Galicia, 19-10-1911, p. 2. En 1934 foi procesado por inxurias a un vocal do Tribunal de Garantías con motivo do anuncio do libro El Rasputín gallego, pero resultou absolto.El Correo Gallego, 29-12-1934, p. 2.
Recoñecemtos
En 1910 foille concedida a Medalla de Prata conmemorativa do centenario de Ponte Sampaio.El Diario de Pontevedra, 29-7-1910, p. 2. Vida persoal Casou con Recesvinta Securun Orga en 1915.
Notas
Véxase tamén Bibliografía : "Alcalá Martín, Alfonso" en Gran Enciclopedia Galega.
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega
Categoría:Nados en Ourense
Categoría:Finados en 1936