Beverly Hills Cop é un filme estadounidense dirixido por Martin Brest que se estreou en 1984. Está protagonizado por Eddie Murphy, que interpreta a Axel Foley, un policía de Detroit que vai a Beverly Hills, California, para investigar o asasinato do seu mellor amigo.
Sinopse Axel Foley (Eddie Murphy) é un impetuoso e espelido detective de Detroit que segue a pista do asasino dun amigo seu ata os barrios máis elegantes de Beverly Hills. Mais antes de que Axel acade o seu obxectivo, vaise ver involucrado nunha rede internacional de contrabandistas e traficantes de droga.
Personaxes Eddie Murphy como Axel Foley Judge Reinhold como Detective Billy Rosewood John Ashton como Sarxento John Taggart Lisa Eilbacher como Jenny Summers Ronny Cox como Tenente Andrew Bogomil Steven Berkoff como Victor Maitland James Russo como Mikey Tandino Jonathan Banks como Zack Stephen Elliott como Xefe Hubbard Gil Hill como Inspector Douglas Todd Art Kimbro como Detective Foster Joel Bailey como Detective McCabe Bronson Pinchot como Serge Paul Reiser como Jeffrey Michael Champion como Casey
Galardóns e nomeamentos 1984: Nomeado ó Oscar: Mellor guión orixinal. 1985: BAFTA: Nomeado á Mellor banda sonora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Brest Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Míchigan Categoría:Filmes sobre asasinatos